Cabecera Vide

Jaime de Haz e Susana Rodríguez, mellores deportistas de 2014

20150317 gala deporteNun abarrotado Teatro Afundación tivo lugar onte a décimo sexta edición da Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca, organizada polo Concello de Vigo, Abanca e Faro de Vigo. O remeiro Jaime de Haz e a triatleta Susana Rodríguez Gacio, ambos bolseiros de VIDE, foron distinguidos como os mellores deportistas de 2014.

Jaime de Haz, que onte fixo un alto na súa concentración coa selección española en Sevilla para asistir a Gala, sucede ao piloto de trial Jorge Casales, que tamén se encontraba entre os nomeados. Pola súa banda, a triatleta Susana Rodríguez repite coroa e gaña o galardón por segundo ano consecutivo.  

O xurado valorou no remeiro o seu dilatado currículo, proclamouse campión do mundo sub 23 na categoría de catro sen timonel, algo que non lograba o remo nacional dende fai moito tempo, e hai grandes esperanzas de cara aos Xogos Olímpicos de 2016. Susana Rodríguez, pola súa parte,  protagonizou outra tempada de vertixe, foi segunda no campionato do Mundo de acuatlón, terceira no paratriatlón en Canadá e gañadora do Europeo entre outros numerosos logros.

Durante o transcurso da Gala entregáronse tamén os premios para as mellores promesas 2014. Nesta edición recaeron na atleta Carmela Cardama e o tenista Martín de la Puente, que suceden no palmarés a Antonio Serrat Seoane (triatlón) e a Jenny Fernández Massó (atletismo).

Ademais a gala premiou aos mellores deportistas e mellores promesas de cada unha das modalidades deportivas. Unha edición máis, durante a celebración da gala, entregáronse unha serie de mencións especiais, nesta edición dezaseis, para clubs, deportistas ou patrocinadores polo seu labor co deporte durante o ano pasado, e entregouse un premio especial do xurado.

Na gala, conducida polo xornalista Jacobo Buceta, tívose un recordo emotivo a figura de Pablo Beiro, fundador e presidente do Amfiv, falecido recentemente, proxectando un video con imaxes de Pablo. O alcalde, Abel Caballero, entregou un detalle ao seu sobriño, Chechu Beiro.

Premiados da XVI edición:

    Atletismo- Isaac Vicente Landín
    Automobilismo- Cándido Carrera Estévez
    Bádminton- Jacobo Fernández Ferreiro
    Baloncesto- Alberto Abalde Díaz
    Balonmán- Borja Méndez Pan
    Billar- Héctor del Amo García
    Bolos- Blanca Lago Misa
    Boxeo- Judit Barbosa Sotelo
    Chave- Carlos Fernández Comesaña
    Ciclismo- Antonio Ferreiro Pajuelo
    Colombofilia- Héctor Alonso Troncoso
    Deportes de inverno- Óscar Piñeiro Pérez
    Deportes persoas con discap. física- Sebastián Rodríguez Veloso
    Deportes discapacit. intelectuais- Francisco Pérez Carrera
    Esgrima- Pedro Otero López
    Espeleoloxía- Mª Luisa Barros Rodríguez
    Esquí náutico- Silvia Pequeño Pérez
    Fútbol- Santiago Mina Lorenzo
    Fútbol sala- Pablo Carballo Eiro
    Golf- Rebeca Maruri Aldaz
    Halterofilia- Pablo Vázquez Francisco
    Hípica- Andrea Vidal Domínguez
    Judo e d.a.- María Bernabeu Avomo
    Kung-fu- Sergio Domínguez Otero
    Loita e D.A.- Pablo García García
    Motociclismo- Jorge Casales Carrasco
    Motonáutica- Sandra Mª Fernández Rodríguez
    Natación- Oleg Carrasco Solla
    Padel- Raquel Seijo Rodríguez
    Patinaxe- Javier Martínez García-Picher
    Pesca e casting- Pedro Alberto Toucedo Iglesias
    Petanca- Iván Cameselle Gallego
    Piragüismo- Carla Pérez Coya
    Remo- Jaime de Haz Iraurgui
    Rugby- Marcos Muñíz Meijide
    Squash- Xisela Aranda Núñez
    Taekwondo- Samuel Meilán Fernández
    Tenis- Andrea Costas Moyano
    Tenis de mesa- Enrique Eduardo Fernández Rodríguez
    Tiro con arco- Ángela Antón Pazos
    Tiro olímpico- Luis Iglesias Pascual
    Triatlón e péntatlon moderno- Susana Rodríguez Gacio
    Vela- Alejandra Suárez González
    Voleibol- Pablo Penedo Sienes
    Xadrez- Mireya Represa Pérez
    Ximnasia- Nerea Otero Fernández

Promesas:

    Atletismo- Carmela Cardama Baez
    Baloncesto- María Pérez Araújo
    Balonmán- Anthia Espiñeira Sánchez
    Bolos- Chistian Chamorro Silva
    Ciclismo- Paula Sanmartín Rodríguez
    Deportes persoas con discap. física- Martín de la Puente Riobó
    Esgrima- Laura Caballero Fontenla
    Esquí nautico- Silvia Leiras Estévez
    Loita e d.a.- Cristina Alves Pereira
    Motociclismo- Rubén Fernández García
    Padel- Hector Guisande Fraga
    Patinaxe- Xosé Andrés Cruz Alonso
    Petanca- Patricia Díaz Rúa
    Piragüismo- Luis Fernández Pereira
    Remo- Álvaro Blanco Guede
    Squash- Marta Domínguez Fernández
    Taekwondo- Lucía penin Costas
    Tenis- Alejandro Calviño Rodríguez
    Triatlón e péntatlon moderno- Antonio Serrat Seoane
    Vela- Carlota Hernández García
    Voleibol- Óscar Sánchez Baluja
    Xadrez- Mireya Represa Pérez
    Ximnasia- luiz Antonio Amaral Otero

Mencións especiais:

    Gondomar C.F. que acaba de cumprir cen anos.
    Rápido de Bouzas, que en 2014 celebrou o seu Centenario.
    Club Deportivo Teis, por os seus cincuenta aniversario.
    Club de Campo de Vigo, que acaba de cumprir 80 anos.
    Club de Remo Coruxo, polos seus 25 anos de decidación ao remo.
    Club Ciclista Travesas, que leva 25 anos de existencia.
    Real Club Celta de Atletismo, polo seu ascenso á División de Honra masculina.
    Martin Códax, patrocina la regata Rías Baixas dende 2002.
    Seur, polo seu apoio ao deporte vigués. Patrocina ao Sárdoma Deportistas.
    Miguel Méndez, campión de Liga e Copa co Ischio italiano.
    Simón González, pola súa dedicación ao Kick-Boxing e o seu brillante palmarés.
    Miguel Romero, que se retirou en 2014 tras vinte anos de dedicación ao Famu.
    Fernando Gallego, xornalista de Faro de Vigo e promotor da Gala do Deporte.
    Helena Pérez, campioa do mundo de vaurien como tripulante.
    O Marisquiño, pola súa repercusión a nivel mundial.
    Regata Rías Baixas, proba que acaba de cumprir cincuenta anos en 2014.

Premio especial do xurado:

 Asociacion Galega San Francisco pola súa labor co deporte para discapacitados.

Historial de premiados