Cabecera Vide

Abel Caballero e Manel Fernández clausuraron a Liga de Natación Escolar Concello de Vigo que venceu o Apostol Santiago

riasbaixas abel manelO Club Natación Rías Baixas volveu a encher onte domingo a Piscina Municipal do Carme coa celebración da cuarta e última xornada da Liga de Natación Escolar Concello de Vigo 2015-2016, que clausuraron o alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández.

O colexio vencedor desta edición foi o Apostol Santiago, que levouse o máximo premio por número de participantes e por puntos.

Máis de 500 participantes de 28 centros educativos da cidade participaron desta competición orientada aos nenos e nenas nacidos entre 2004 a 2010 e ten coma principal obxectivo fomentar e promocionar o carácter saudable desta modalidade en idade escolar, dando ademais a oportunidade ós e ás participantes de pór de manifesto as súas aprendizaxes.

A Concellería de Deportes do Concello de Vigo e o Club Natación Vigo Rías Baixas organizan este evento que conta coa colaboración de FOANPAS e a Fundación VIDE.

Galería fotográfica