Cabecera Vide

Manel Fernández dá o bandeirazo de saída para as bolsas de deportistas sub 23 pola tempada 2015/16

Becas2015 23O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou hoxe a apertura do prazo de convocatoria de bolsas para deportistas individuais. O prazo para presentar a documentación necesaria comeza a contar dende este mesmo mércores e rematará o 2 de novembro. 
 
Por terceiro ano consecutivo o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, deu a coñecer esta convocatoria, que tamén acepta deportistas que compiten en disciplinas de dúo, trío ou cuarteto.
 
Nesta convocatoria, que do mesmo xeito que as dúas anteriores conta con 20.000 euros a repartir cun máximo de 1.000 euros por beca, poderán concorrer os deportistas sub 23 que non reciban bolsa do Concello nesta tempada.
 
"Por vez primeira as bolsas de VIDE serán complementarias ás novas axudas concedidas polo Concello para deportistas individuais pola súa traxectoria internacional 2015/16. Deste xeito damos apoio a un maior número de valores do deporte local", sinalou o concelleiro, tamén presidente da Fundación VIDE.
 
A subvención municipal para deportistas polo exercicio 2015/16 coñecerase estes días. O Concello destinou para esa partida 50.000 euros e estaba dirixida a vigueses inscritos en competicións de alto nivel internacional.
 
As de VIDE, fundación cuxo patronato está composto polo Concello e PSA Groupe, alcanzan aos deportistas locais sub 23. En 2014 beneficiáronse das mesmas ata 28 valores da canteira, por 24 en 2015. O ano pasado foron 19 as disciplinas beneficiadas.
 
O edil de Deportes, Manel Fernández, anunciou que, unha vez valorados os currículos dos solicitantes, conta con facer a entrega de bolsas en novembro.