Cabecera Vide

Aberta a inscrición para a Vigo Cup 2017, do 3 ao 9 de xullo nos mellores campos da cidade

vcupwebA decimosétima edición da Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol base (fútbol 7 e fútbol) que organiza cada ano a Fundación Vigo en Deporte por encargo do Concello, ten aberta a súa inscrición bonificada. O torneo vaise celebrar nos mellores campos municipais da cidade do 3 ao 9 de xullo.
 
O torneo, que en 2016 adxudicáronse o Real Club Celta (sub 10 e sub 14), Val Miñor Luvenfor (sub 7, sub 8 e sub 16), Areosa (sub 12) e Miño (Damas), volverá xogarse tantos nas categorías de fútbol 7 como de fútbol (sub 14 e sub 16). Ademais, mantén o torneo de penaltis e a categoría sub 6, que non será competitiva.
 
Nacido co século (2001), o evento é a meirande manifestación deportiva na cidade no que se refire ao deporte de formación, ao competir uns 2.800 partipantes en cada edición.