O alcalde e o concelleiro clausuran as escolas deportivas municipais dos pavillóns de Navia, Teis e Lavadores

manel escolas26.05.16Continúan as clausuras dos cursos do programa municipal de escolas deportivas de ‪‎Vigo‬. En Navia, o pasado vernes, a Liga Linco de ‪‎baloncesto‬ escolar (CB Seis do Nadal) e o Amfiv (baloncesto adaptado); en Lavadores, o Balonmán Lavadores; en Teis, o ‎voleibol‬ do Xuvenil de Teis; en Coruxo, a ‪‎patinaxe‬; e en Bouzas, a escola de ‪‎kayak‬.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, achegouse a Navia, Teis e Lavadores xunto co presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que o xoves tamén tivo tempo para asistir ao remate da escola de ‪‎triatlón‬ nas Travesas.