Calendarios e normativa do Torneo de Nadal Concello de Vigo de fútbol para as categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil

Imprimir
IMG 9964webA organización da cuarta edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo, de fútbol 8 (prebenxamín, benxamín e alevín) e fútbol (infantil) xa conta cos calendarios dunha competición que arrincará o vindeiro luns 26 e que rematará coas súas finais e o torneo autonómico de campións para categoría alevín o venres 30.
 
A Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi) envorcouse neste evento uns Nadais máis co patrocinio do Concello de Vigo para ofrecer o mellor fútbol de canteira como colofón ao ano.
 
Con 241 encontros na fase previa (do día 26 ao 28) e a emoción dunha fase final, o torneo disputarase nunha decena dos mellores campos da cidade: José Costas (Candeán), Pahiño (Navia), A Guía (Teis), A Pirucha (San Miguel de Oia), Armando Cajaraville (Samil), Penedo da Moo (Matamá), Meixoeiro, As Relfas (Sárdoma), A Bouza (Coia) e Cotogrande.
 
A normativa e os calendarios da fase previa (luns 26 a mércores 28) e o torneo autonómico alevín do venres poden consultarse nos PDF seguintes:
 
Normativa Torneo de Nadal Concello de Vigo
 
Calendario Prebenxamín
 
Calendario definitivo Benxamín
 
Calendario Alevín
 
Calendario Infantil
 
Calendario torneo autonómico alevín