Cabecera Vide

O fútbol sala, que abre dúas intensas semanas de Vigo Cup, pechará o prazo de inscrición o 2 de xuño

LOGO VIGO CUP FUTSAL 01Xuño e xullo van ser dous meses estrela para a Fundación Vigo en Deporte, que oferta tres campamentos deportivos e dous torneos internacionais.
 
De feito, a primeira edición da Vigo Cup de fútbol sala abrirá dúas semanas de torneo internacional co balón como protagonista pois a continuación dispútase a XVII Vigo Cup de fútbol 7 e fútbol, ten aberto o prazo de inscripción ata o próximo 2 de xuño.
 
O evento, do 26 de xuño ao 2 de xullo, promete ser outro éxito ao que se sumarán equipos portugueses e de toda Galicia. Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos. 
 
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, ademais presidente de VIDE, deu luz verde a este evento despois de coñecer o bo traballo que se está a levar co campionato provincial de fútbol sala de base e co Fútbol sala na rúa.