Colaboradores

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel

Taekwondo/Forum FISU

Carrión: "O Noso sono é entrar por primeira vez na Copa de Campións" PDF Imprimir Correo-e
10/03/2010

O técnico do Aldasa Amfiv sabe que o seu equipo quedou encadrado no grupo máis complicado da euroliga 1 pero o seu equipo confía na capacidade dos seus xogadores para plantar cara a calquera rival e optar esta fin de semana en Burdeos a unha das dúas primeiras prazas.

A expedición viguesa parte esta noite ás 22.00 horas do Pavillón de Bouzas para realizar o longo desprazamento en autobús ata Burdeos, onde esta fin de semana o Aldasa Amfiv participará, por sexta campaña consecutiva, en competición europea. Os vigueses, que ocupan o posto décimo segundo do ranking nacional, gañaron o dereito a disputar a fase clasificatoria coñecida como euroliga 1, á que só acceden os 15 mellores equipos do continente divididos en tres grupos de cinco equipos cada un. O sorteo levou os pupilos de Abraham Carrión ao Grupo C, que se disputará esta fin de semana en Burdeos e que é, a priori, o máis potente a reunir ao Besiktas turco, o RSV Lahn-Dill alemán, o Elecom Roma italiano e os anfitrions, o Burdeos.

O obxectivo, aínda que moi complicado é pelexar por unha das dúas primeiras prazas do grupo para que o Aldasa logre por primeira vez na súa historia acceder á fase final da máxima competición europea, a Copa de Campións. A terceira posición, mentres, permitiría disputar un ano máis a final da Copa André Vergauwen mentres que a cuarta tería polo menos o premio da Willi Brinkmann xa que a quinta praza supón a eliminación total.

Por iso, Abraham Carrión móstrase realista coas opcións do seu equipo pero esperanzado en poder realizar un bo papel. "Como sempre, a nosa idea é ir a competir e facer o máximo posible. Sabemos que podemos gañar a calquera. Se non, non tería sentido realizar esta viaxe. Logo, cando remate este fase, veremos a onde nos leva a nosa calidade e a nosa capacidade para competir", explica o adestrador do Amfiv, quen non oculta que "o noso sono é entrar por primeira vez na Copa de Campións ou, como mínimo, acceder á André Vergauwen aínda que sabemos que só evitar a última praza e seguir en Europa xa será moi complicado".

RSV LAHN-DILL

Campión de liga alemá: 1998, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008
Campeón Copa Alemá: 2002, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009
Campión Copa de Europa: 2004, 2005, 2006
É líder na súa liga, invicto ata o momento con 17 vitorias.
Jugadores crave:
O americano punto 3 Michael Paye, un grande basee moi rápido e cun bo tiro exterior.
O canadense punto 4.5 Joey Johnson, un pívot de gran corpulencia e dunha calidade extraordinaria. É o emblema do equipo.
O aleman Dirk Köhller punto 4. Un pívot extremadamente alto que é moi perigoso en posicións próximas ao aro.
Patricia Cisneros, americana puntuación 2 que este considerada unha das mellores xogadoras do mundo no seu posto.

"Este equipo foi o claro dominador en Europa durante os primeiros anos do novo século, grazas á parella formada polos dous canadenses Anderson e Johnson. Coa marcha do primeiro, o club soubo renovarse para seguir sendo un dos grandes de Europa".
"Evidentemente, suponse que será o equipo máis forte do grupo. Foi o claro dominador en Europa do 2000 ao 2005 pero cando irrompeu o Galatasaray viuse desprazado ao segundo ou terceiro posto. Ten moito potencial interior e é un equipo moi forte fisicamente".

LOTTOMATICA ELECON SPORT ROMA

Agora mesmo están terceiros na forte liga italiana, gañaron 11 partidos e solo perdido 3. O ano pasado quedaron terceiros na fase final da Copa de Europa.  Os seus homes claves son:

Bradley Ness, punto 4.5 australiano considerado como un dos mellores xogadores do mundo. É un pívot moi grande pero que destaca sobre todo polo seu grande tiro de media distancia e calidade técnica ademais dunha grande visión de xogo e lectura deste.

Sandro Cherubini, un dos pívots italianos máis laureados e importantes da última década en Italia. A súa puntuación é 4.5.
Adolfo Damián Verdun, arxentino, cunha puntuación de 4 que xa leva varios anos xogando e destacando na poderosa liga italiana na faceta anotadora.

"Como se pode comprobar o potencial deste equipo é enorme porque o resto do equipo está moi compensada e sabe competir, pero dende logo o potencial que ten cos seus homes grandes faino moi perigoso para os seus rivais".
"A fase final da Copa de Campións é na súa casa e quererán estar alí. A súa forza está nos puntos altas interiores con xogadores tan bos como o megacrack Ness ou pívots internacionais coas súas respectivas seleccións como o italiano Cherubini ou o arxentino Verdun".

BURDEOS

Son os anfitrions co que terán o apoio da bancada e unha motivación especial. Actualmente ocupan o terceiro posto na sempre disputada liga francesa con 8 vitorias e 5 derrotas.

Nas súas filas militan xogadores de calidade contrastada como o punto 4.5 Sylvain Deregnaucourt, membro da selección francesa cun grande tiro tanto interior como exterior. Ademais deste grande xogador zurdo destacamos a Abou Konate, que militou nas filas de Fundosa, e Philippe Baye.

"Contar co apoio da afección e xogar na casa sempre É punto extra porque coñeces a pista, os aros e as arbitraxes adoitan ser máis benevolentes. Ademais, van terceiros en Francia e teñen a novos da selección francesa de calidade"

BESIKTAS

O ano pasado xa demostraron na fase final da Copa André Vergauwen celebrada en Vigo a súa capacidade para competir, conseguindo unha brillante terceira posición. Ademais, colocaron dous dos seus xogadores no cinco ideal da competición: O rápido e habilidoso punto 2 Kaan Dalay e o polivalente punto 3.5 Bulent Ylmaz.

"Como todos os turcos, o seu potencial está no bloque, no conxunto. Son un equipo moi aguerrido. Tratan de que os partidos sexan trabados para chegar igualados ao final, onde se manexan ben".

icon Rivais (140.1 kB)