|
20/04/2012 |
|
A tempada 2011-2012 xa case é historia para o Aldasa Amfiv. O conxunto vigués afronta mañá sábado no Pavillón de Bouzas (18.00 horas) a derradeira xornada na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas enfrontándose ao xa campión de Liga e gañador da Copa do Rei, o Fundosa ONCE.
|
|
Ler máis...
|
|
11/03/2012 |
 O Aldasa Amfiv aproveitou a fin de semana sen competición na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas pola disputa das fases previas europeas para celebrar un encontro amigable ante o APD Paredes, un conxunto luso de recente creación.
A diferenza de potencial entre un equipo que está a iniciarse aínda no baloncesto adaptado e outro coa tradición do Amfiv, que esta tempada celebra o seu trixésimo aniversario, quedou patente xa dende o asubío inicial.
Con todo, a cita resultou moi positiva para o adestrador vigués Julio Bernárdez, que aproveitou para repartir moito o protagonismo e premiar especialmente aos xogadores que ata o momento estaban dispondo de menos minutos durante a campaña para intentar que todos os seus pupilos estean a lume de biqueira e plenamente integrados na dinámica de xogo nesta recta final de tempada.
|
|
Ler máis...
|
|
05/11/2011 |
 Cambios na disputa das vindeiras xornadas do Aldasa Amfiv en División de Honra de cadeira de rodas e que afectan aos seus partidos diante do CAI Zaragoza e do CID de Xetafe.
En principio, segundo o calendario inicial o conxunto vigués tiña que desprazarse esta fin de semana a Zaragoza para disputar a terceira xornada da máxima competición nacional.
|
|
Ler máis...
|
|
26/10/2011 |
 O Aldasa Amfiv debutará diante da súa afección este sábado e ao completo respecto ao primeiro xogo en Málaga. O club xa ten o pase internacional de Rida Maataoui.
|
|
Ler máis...
|
|
20/10/2011 |
 O Aldasa Amfiv terá este ano o grupo de traballo máis cosmopolita da súa historia, despois de fichar a un xogador turco, outro iraní e, agora, a Rida Maataoui, internacional por Marrocos.
|
|
Ler máis...
|