|
14/10/2011 |
 Vigo verá por segunda vez na súa historia a Copa André Vergauwen, segundo torneo continental de clubs. Así o decidiu a IWBF-Europa, que concedeu a Copa de Campións a Istambul (10-13 de maio), a Willi Brinkmann a Rieti (26-29 de abril) e a Challenge Cup a Cantú (26-29 de abril).
|
|
Ler máis...
|
|
26/09/2011 |
 Cando esperaba que na noite deste domingo chegase ao aeroporto de Peinador o pívot turco Omer Gurkan unha vez que o tema do seu visado parecía xa solucionado, finalmente un problema no avión no que debía realizar o traxecto entre Estambul e Madrid provocou que Gurkan non puidese saír de Turquía. Iso si, se non xorden novos contratempos, o luns chegará finalmente Vigo para concretar a súa incorporación ao Aldasa Amfiv.
|
|
Ler máis...
|
|
26/09/2011 |
 O novo Aldasa Amfiv estreábase con escasas novidades nas súas filas, a máis destacable e a estrea de Julio Bernárdez, Óscar Carbajo e Sergio González no banco e o debut coa camiseta viguesa do, ata o momento, única fichaxe para a tempada 2011-2012: o pívot vasco Txema Avendaño.
|
|
Ler máis...
|
|
23/09/2011 |
 Con moi poucas caras novas no equipo aínda que si con importantes novidades no corpo técnico, o conxunto vigués disputa este sábado o seu primeiro compromiso na recén iniciada pretempada. E farao, ademais, cun encontro de carácter oficial posto que o amigable que o Amfiv tiña previsto disputar este sábado ás 17.30 horas en Ferrol ante o Basketmi servirá tamén para dilucidar o campión dunha nova edición de la Copa Galicia.
|
|
Ler máis...
|
|
21/09/2011 |
 Despois de aterrar no aeroporto de Peinador o pasado domingo pola tarde, Bernabé Costas e Vicky Alonso reuníronse na tarde de onte co resto dos seus compañeiros para incorporarse ao traballo de pretempada do Aldasa Amfiv.
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 2 de 24 |