|
16/09/2011 |
 Onte xoves, ás 21.30 horas, no pavillón de Bouzas o Aldasa Amfiv iniciou os adestramentos de pretempada. A sesión, centrada principalmente no aspecto físico, contou coa presenza dos seis xogadores que actualmente se atopan a disposición do novo corpo técnico -Julio Vilas, Txema Avendaño, Santi Comesaña, Moncho Pombo e David Mouriz-, ademais do mozo das escolas Samuel.
|
|
Ler máis...
|
|
15/09/2011 |
 O Aldasa Amfiv presentou na mañá de onte á súa primeira fichaxe para a tempada 2011-2012, o novo pívot bilbaíno Txema Avendaño, nun acto no que o club vigués tamén presentou a outro dos membros do corpo técnico para esta campaña, Sergio González, a súa campaña de promoción das escolas deportivas e anunciou o principio de acordo para a incorporación do pívot turco Omar Gurkam e a solicitude presentada para organizar a fase final de algunha das competicións europeas.
|
|
Ler máis...
|
|
09/09/2011 |
 Julio Bernárdez e Óscar traballo xa teñen un novo xogador para empezar a traballar o próximo 15 de setembro, data na que iniciará a pretempada o Aldasa Amfiv 2011-2012.
|
|
Ler máis...
|
|
05/09/2011 |
 Hai apenas sete días, o Aldasa Amfiv atopábase cun importante e inesperado contratempo na súa planificación da tempada 2011-2012. O vigués César Iglesias recibía unha irrechazable oferta do COB Ourense para incorporarse ao seu corpo técnico e anunciaba á entidade presidida por Pablo Beiro a súa intención de aceptar a proposta.
|
|
Ler máis...
|
|
01/09/2011 |
|
O Aldasa Amfiv pechou xa o corpo técnico que se fará cargo de equipo para a campaña 2011-2012, substituíndo a César Iglesias, quen recentemente abandonou a entidade para aceptar unha interesantísima oferta do COB Ourense.
|
|
Ler máis...
|