|
13/03/2011 |
 O tolo mes de marzo, no que o Aldasa Amfiv afronta tres competicións ao tempo (Liga, Euroliga e Copa), alcanza a súa ecuador coa eliminación continental, un partido ligueiro en Bouzas para recuperarse animicamente este vindeiro sábado e, sen tempo para máis, afrontar a Copa do Rei en Marbella, onde do 25 ao 27 xogarase o torneo do KO e espera aos de César Iglesias o Fundosa ONCE, todo un coco.
|
|
Ler máis...
|
|
12/03/2011 |
 A Euroliga 1 arrincou este venres en Nörrkoping (Suecia) para o Aldasa Amfiv, que perdeu contra o Mideba Badaxoz (56-64) e fixo o mesmo inicio que na Euroliga 1 da tempada pasada e tamén na Willi Brinkmann 2010 (derrota contra un equipo español, o Fundación Grupo Norte)... pero iso non impediu que os vigueses rematasen xogando a súa terceira final continental.
|
|
Ler máis...
|
|
09/03/2011 |
 Claro, contundente e sen rodeos. Así se mostrou o director deportivo do Aldasa Amfiv, José Antonio Beiro, no inicio da comparecencia ante os medios de comunicación que na mañá de onte en Vide mantivo acompañado do seu técnico, César Iglesias, e dos xogadores Agustín Alejos e Bernabé Costas para falar sobre a participación do conxunto vigués por sétimo ano consecutivo en competición europea.
|
|
Ler máis...
|
|
07/03/2011 |
 O Aldasa completou o seu partido máis serio da tempada no momento máis oportuno para romper a súa sorte de catro encontros consecutivos sen coñecer a vitoria.
|
|
Ler máis...
|
|
28/02/2011 |
 O encontro foi estraño xa antes de empezar. O Amfiv variaba o seu horario habitual de xogo da tempada, as 18.00 horas, para disputar o choque unha hora máis tarde a petición dos insulares. As combinacións de voos aconsellaban que o compromiso entre o Aldasa e o Econy Gran Canaria comezase ás 19.00 horas para evitar problemas. Pero a medida preventiva non foi suficiente porque ás sete da tarde os insulares remataban aínda de tomar terra no aeroporto de Peinador. Por iso, o partido non se iniciou finalmente ata corenta e cinco minutos máis tarde.
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 9 de 24 |