Vigo en Xogo reanudarase o 14 de xaneiro PDF Imprimir Correo-e
21/12/2011

A oficina de Vigo en Xogo pecha dende este xoves 22 ata o 9 de xaneiro de 2012. A competición voltará aos campos e pavillóns a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro.

icon Bo Nadal 2011 (26.56 kB)

 
Elixidos os representantes dos equipos na comisión de participación de Vigo en Xogo PDF Imprimir Correo-e
24/11/2011

Onte mércores procedeuse á votación da representación para a comisión de participación de Vigo en Xogo. Café Bar Saratoga (fútbol 7) e Parquets Eloy (fútbol sala) resultaron os candidatos elixidos.

icon Acta candidatos elixidos (304.05 kB)

 
Candidatos para a comisión de participación de Vigo en Xogo PDF Imprimir Correo-e
17/11/2011

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, hai tres candidatos a formar parte da comisión de  participación. O vindeiro día 23 terá lugar a votación para dita comisión.

icon Acta candidaturas comisión participación (258.32 kB)

 

 
O presidente de Vigo en Xogo, Alejandro Costas, reuniuse co concelleiro de Deportes PDF Imprimir Correo-e
10/11/2011
O presidente da Agrupación Deportiva Vigo, Alejandro Costas, mantivo días atrás unha reunión co concelleiro de Deportes vigués, Manel Fernández.

Na reunión o dirixente transmitiulle as inquedanzas que chegaron á organización pola banda dos equipos participantes en Vigo en Xogo e tamén por parte do colectivo arbitral sobre problemas polo estado dalgunha pista municipal.

Vigo en Xogo está ao tanto das incidencias e o seu presidente valorou positivamente a reunión co político. Dende a Concellería anunciaron a Alejandro Costas a vontade de resolver calquera dificultade que impida o normal desenvolvemento dunha competición recreativa na que participan uns 4.800 deportistas.
 
Eleccións para a comisión de participación PDF Imprimir Correo-e
03/11/2011

O vindeiro día 23 terá lugar a votación para a comisión de participación de Vigo en Xogo. A organización pide aos equipos que se animen e participen para ter representación nesa comisión.

icon Eleccións comisión de participación (358.97 kB)

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 4