O presidente de Vigo en Xogo, Alejandro Costas, reuniuse co concelleiro de Deportes PDF Imprimir Correo-e
10/11/2011
O presidente da Agrupación Deportiva Vigo, Alejandro Costas, mantivo días atrás unha reunión co concelleiro de Deportes vigués, Manel Fernández.

Na reunión o dirixente transmitiulle as inquedanzas que chegaron á organización pola banda dos equipos participantes en Vigo en Xogo e tamén por parte do colectivo arbitral sobre problemas polo estado dalgunha pista municipal.

Vigo en Xogo está ao tanto das incidencias e o seu presidente valorou positivamente a reunión co político. Dende a Concellería anunciaron a Alejandro Costas a vontade de resolver calquera dificultade que impida o normal desenvolvemento dunha competición recreativa na que participan uns 4.800 deportistas.