|
10/11/2011 |
|
O presidente da Agrupación Deportiva Vigo, Alejandro Costas, mantivo días atrás unha reunión co concelleiro de Deportes vigués, Manel Fernández.
Na reunión o dirixente transmitiulle as inquedanzas que chegaron á organización pola banda dos equipos participantes en Vigo en Xogo e tamén por parte do colectivo arbitral sobre problemas polo estado dalgunha pista municipal.
Vigo en Xogo está ao tanto das incidencias e o seu presidente valorou positivamente a reunión co político. Dende a Concellería anunciaron a Alejandro Costas a vontade de resolver calquera dificultade que impida o normal desenvolvemento dunha competición recreativa na que participan uns 4.800 deportistas. |
|
03/11/2011 |
|
O vindeiro día 23 terá lugar a votación para a comisión de participación de Vigo en Xogo. A organización pide aos equipos que se animen e participen para ter representación nesa comisión.
Eleccións comisión de participación (358.97 kB)
|
|
05/10/2011 |
 A Agrupación Deportiva Vigo e Fotonatura.org chegaron a un acordo para que os participantes da competición Vigo en Xogo poidan beneficiarse dun desconto do 10% nos cursos de fotografía organizados por Fotonatura.org en Vigo. O próximo curso terá lugar os días 7 a 9 de outubro de 2011.
|
|
Ler máis...
|
|
03/10/2011 |
|
A fin de semana do 1 e 2 de outubro comezou a competición 2011/2012 de Vigo en Xogo. Polas baixas de derradeira hora dalgúns equipos, a organización tivo que modificar o calendario de nove categorías de fútbol 7, eliminando ademais a 4ª División desa modalidade. Polo tanto, ten validez a primeira xornada de 1ª senior pero nengunha máis. O resto de encontros de fútbol 7 tómanse como partidos amigables ou de preparación. A xornada recuperarase a fin de semana do 29/30 de outubro. Os calendarios definitivos de fútbol 7 xa están disponibles na web.
|
|
22/09/2011 |
|
NORMAS E REGULAMENTO – TEMPADA 2011 - 2012
ARTIGO 2.15
VESTIMENTA
a ) Os equipos usarán a roupa deportiva descrita na folla de inscrición, será obrigatorio saír ao terreo de xogo debidamente uniformados, pantalóns e camisetas iguais e da mesma cor; no seu lombo figurará un número distinto para os porteiros e para os xogador/as perfectamente visible e adherido, de tal xeito que non poida modificarse no transcurso do encontro. As vestimentas non poderán ter obxectos perigosos, como por exemplo, cremalleiras.
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 2 de 4 |