Campus
O alcalde de Vigo clausurou o campus polideportivo de VIDE nas Travesas PDF Imprimir Correo-e
04/07/2011
clausura campus 2011
O campus polideportivo de VIDE rematou o venres, logo de cinco días de actividade, coa entrega de diplomas e agasallos (balóns de volei-praia, baloncesto, balonmán e fútbol, ademais de lentes de mergullo) aos 200 nenos e nenas inscritos.
Ler máis...
 
Comezou o campus polideportivo con 200 sorrisos PDF Imprimir Correo-e
27/06/2011
baloncesto
A duodécima edición do campus polideportivo que organiza a Fundación VIDE co Instituto Municipal dos Deportes e clubs de elite da cidade comezou hoxe coa participación de 200 nenos e nenas de 8 a 14 anos…
Ler máis...
 
Esgotadas as 200 prazas do XII Campus Polideportivo de VIDE PDF Imprimir Correo-e
02/06/2011
inscricioncampus2

Non quedan máis prazas. O XII Campus Polideportivo de VIDE, que se desenvolverá do vindeiro 27 xuño ao 1 de xullo, esgotou as súas 200 prazas onte, o primeiro día de apertura das óns.

Ler máis...
 
Folla de inscrición 2011 PDF Imprimir Correo-e
05/05/2011
campus polideportivo
Para a duodécima edición, a Fundación Vigo en Deporte decidiu manter o mesmo prezo que rexe no campus polideportivo dende 2007. O XII Campus Polideportivo está fixado para os días 27 de xuño ao 1 de xullo nas instalacións do IMD das Travesas.
Ler máis...
 
Duascentas ilusións cada ano no campus PDF Imprimir Correo-e
campus09

O campus polideportivo é unha iniciativa do Concello que a Concellería de Deportes e o Instituto Municipal dos Deportes puxeron en marcha no ano 2000 e que, unha vez creada a Fundación VIDE, se encomendou a súa organización a esta conxuntamente co IMD. Nesta actividade, desenvolvida no complexo deportivo das Travesas, búscase que os nenos e nenas de entre 8 e 14 anos gocen dun bo número de deportes de sala, impartidos por técnicos dos principais clubs da cidade, pero tamén que convivan durante oito horas diarias e aprendan os valores do deporte. Ademais, a excursión ás Illas Cíes, obrigatoria cada verán, supón para moitos dos participantes un bautismo de mar e a posibilidade de coñecer a praia máis fermosa do mundo, segundo a definiu o xornal británico "The Guardian" o ano 2007.