Colaboradores

Cartel
Cartel
Cartel
Saca xa o Siareiro que levas dentro! PDF Imprimir Correo-e

Vigo é unha cidade de deporte, unha cidade que desenvolve unha gran oferta de actividade deportiva a través de 230 clubs en máis de 40 disciplinas. SIAREIROS 2011/2012 ofréceche a posibilidade de poder participar directamente destas actividades a través da obtención dalgunha das tarxetas de socios SIAREIROS.

Tes varias opcións para facerte Siareiro:

  • Podes acudir ás instalacións de VIDE (no IMD das Travesas).
  • Podes ir ás oficinas do club do teu barrio, e alí cumplimentar o formulario de inscrición.
  • Podes descargarte o formulario dende este mesmo portal de internet.

Hai dous modelos diferentes; ao facerte socio podes optar por: Carné Siareiro Club ou Carné Siareiro Elite.

 

CARNÉ SIAREIRO CLUB

Con esta tarxeta, amarela este ano e que custa coma sempre 6 euros, preténdese desenvolver unha campaña de dinamización para a captación de socios das entidades deportivas de Vigo ofrecendo un producto moi interesante para todas as persoas interesadas na actividade deportiva.

Vantaxes para os clubs adheridos o programa Siareiros CLUB:

1) Participar no programa de promoción de captación de socios a través da autorización para a dinamización da Tarxeta Siareiro CLUB.
2) Obter as vantaxes da xestión de socios a través do programa de VIDE Siareiros.
3) Ser beneficiario das promocións exclusivas do proxecto SIAREIROS, descontos en empresas colaboradoras, participación en promocións, estar presente na páxina web de VIDE, etc.
4) Obter as axudas para o uso das instalacións deportivas municipais.
5) Xestionar a través de Siareiros a captación de empresas colaboradoras.
6) Ofrecer a todos os socios e socias as vantaxes do carné Siareiro Club.

Vantaxes do CARNÉ SIAREIRO CLUB:

1) Participar directamente da actividade do club a través do cal te fas Siareiro.
2) Como socio Siareiro poderás obter grandes vantaxes:

- Participar en sorteos promovidos dende a Fundación VIDE.
- Ter descontos especiais en comercios adheridos ao proxecto Siareiros.
- Recibir información de interese deportivo da cidade de Vigo.
- Ter acceso persoal aos programas dinamizados dende a Fundación VIDE para o proxecto Siareiros.
- Participar a través da web da Fundación VIDE.

 

CARNÉ SIAREIRO ELITE

Se realmente che gusta o deporte, e queres disfrutar dos éxitos dos clubs deportivos de Vigo, esta é a túa tarxeta SIAREIRO. Con ela, este ano de cor azul, poderás ser SIAREIRO ELITE co teu equipo favorito, e ademais colaborarás no proxecto deportivo do equipo.

1.- Colaborarás co teu club de forma directa. A máis soci@s, máis axudas poderá conseguir a entidade da Fundación VIDE.
2.- Poderás asistir de balde a todos os partidos de competición do teu equipo, pero tamén dos outros once conxuntos do programa SIAREIROS 2011/2012.
3.- Poderás participar das ofertas deportivas, así como dos sorteos e premios que SIAREIROS achegará durante toda a tempada 2011/2012 dende a páxina Club SIAREIROS-FARO DE VIGO, a web, os clubs ou nos propios partidos.

icon Relación equipos elite 11/12 (263.04 kB)


REQUISITOS PARA SER SIAREIRO ELITE:

Cumplimenta o formulario de inscrición a través do teu club, da oficina de VIDE ou da web.

Os prezos da tarxeta SIAREIRO ELITE para a tempada deportiva 2011/2012 axústanse ás peculiaridades de cada afeccionad@.

Para esta tempada oo prezos dos carné SIAREIROS continuarán conxelados atendendo á situación económica actual (seguen sen subir dende 2007). Os afeccionados/as que queran ter un carné Familiar deberán presentar a fotocopia do DNI dos titulares e a do Libro de Familia.

Incorpóranse posibilidades para sectores específicos: o parado, o pensionista (se é ou non pensión non contributiva, PNC) e a unidade familiar que non acade os 3.540 euros anuais, per cápita, ou de 5.530 € no caso de familias numerosas (é dicir, un mínimo de ingresos anuais).

A documentación necesaria é:
• Fotocopia do Libro de Familia ou título de familia numerosa e declaración da renda de pai e nai (Familiar especial).
• Declaración da renda (Pensionista PNC).
• Tarxeta universitaria (Universitario).
• Cartilla do paro (Parado).

icon Folla de inscrición Siareiros (3.34 MB)