Colaboradores

Lekhili e Pereira gañaron nos 10 km Cidade Universitaria PDF Imprimir Correo-e
13/03/2012
10cuvi2012
E van tres… O atleta marroquí Hassan Lekhili alzouse coa vitoria por terceiro ano consecutivo na carreira 10 km Cidade Universitaria na que tomaron parte preto de 800 atletas que este ano mediron as súas forzas nun novo percorrido que discorreu polo Círculo Mercantil.
Ler máis...
 
Os 10 km Cidade Universitaria abren o circuíto Cidade de Vigo con máis de 800 inscritos PDF Imprimir Correo-e
07/03/2012
cuvi2012
Os 10 km Cidade Universitaria baten a súa marca de participación (656 no 2011) con máis de 800 atletas.
A participación converterá o campus de Vigo este domingo 11 “nunha festa do deporte”, como explicaba na presentación da carreira o vicerreitor de Extensión Universitaria e Estudantes, Xosé Henrique Costas.
Ler máis...
 
Caballero e Manel Fernández entregaron os premios do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares PDF Imprimir Correo-e
07/03/2012
premiosverbum2012

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu por vez primeira á entrega de premios do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, que onte á noite recoñeceu aos e ás 25 mellores atletas de 2011 en nove categorías, cunha dotación económica total de 7.400 euros.

Asemade, no acto presentáronse as sete probas de 2012, as mesmas que na edición anterior (10 km Cidade Universitaria, Media Maratón Vig-Bay, Nocturna de San Xoán, 10 km Xornadas Marisqueiras, Vigo+11, Subida ao Castro e Carreira do Pavo). En total serán unos 70 kilómetros desde este mes a diciembre.

O rexedor, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, entregou trofeos e cheques aos "podios" das categorías diante dun auditorio que contou con representantes de todos os estamentos do atletismo local e organizadores de probas.

Ler máis...
 
Caballero cre que o circuíto municipal de carreiras populares “é un exemplo de como facer cidade e deporte saudable” PDF Imprimir Correo-e
05/03/2012
1330963470carrera

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a cuarta edición do Circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares, que este ano engloba a sete probas pedestres, seis con inicio e final no termo municipal e unha, a Vig-Bay, que sae de Samil e remata en Baiona.

“Dende a xente máis nova ata os veteranos poden inscribirse nestas probas”, anunciou o alcalde, que considerou que este circuíto “ten un magnífico enfoque porque dá unha visión global do atletismo e as carreiras populares, engloba as actividades saudables e a cidade”.

Segundo Caballero, que felicitou aos organizadores pola súa iniciativa de contar con varias probas no asfalto vigués de marzo a decembro, este circuíto “amosa que temos concepto de cidade cando miles de deportistas reúnense nas rúas de Vigo e, ademais, fomenta o deporte”.

Ler máis...
 
A entrega dos premios do Circuíto de Carreiras Populares 2011, este martes no Verbum PDF Imprimir Correo-e
01/03/2012
10km2010

Todo está preparado. A Concellería de Deportes ten listo o programa do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, ano 2012, que se abrirá coa carreira das Lagoas-Marcosende, a 10 km Cidade Universitaria, prevista para o vindeiro día 11.

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 7