Colaboradores
| Caballero di que o Circuíto de Carreiras Populares "vai estar no núcleo central da política deportiva" |
|
|
|
| 29/12/2011 |
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou onte que "as carreiras populares van entrar no núcleo central da política deportiva da cidade xunto ao deporte de base", no que citou modalidades referentes como o baloncesto, balonmán, fútbol ou judo."Metaforicamente", o rexedor dixo que "a pretensión do goberno local é que Vigo se converta nun gran circuíto permanente de carreiras populares".
A aseveración do alcalde sustentouse nos espectaculares datos de crecemento do número de deportistas populares que concorren ás probas urbanas.
"De 2008 a hoxe duplicouse o número de participantes e vemos que hai unha gran demanda de probas", comentou. En 2008 4.160 atletas, entre federados e populares, correron polo asfalto vigués as diversas probas do calendario; este ano, 8.129. Por iso, Caballero insistiu en que "imos meter as carreiras populares no corazón da actividade deportiva de Vigo".
Reformas en Castrelos. Ademais, e dado que a San Silvestre celébrase en Castrelos este sábado, lembrou que "nos Orzamentos de 2011 xa figura unha partida concreta para mellorar de forma notable" o circuíto atlético do parque, unha demanda dos e das atletas da cidade. |







































O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou onte que "as carreiras populares van entrar no núcleo central da política deportiva da cidade xunto ao deporte de base", no que citou modalidades referentes como o baloncesto, balonmán, fútbol ou judo.