Colaboradores
| Máis de 8.000 atletas concluíron este ano as carreiras pedestres en Vigo |
|
|
|
| 20/12/2011 |
As carreiras pedestres locais, incluída a Vig-Bay que empeza en Samil aínda que remata en Baiona, sumaron este ano máis de 8.100 atletas que cruzaron a liña de meta.É toda unha marca que supera en case 1.800 os e as participantes respecto de 2010.
Esta febre por competir nas carreiras urbanas ten máis valor pola ausencia no calendario atlético da terceira edición da media maratón organizada por Prime Time e que previsiblemente regresará en 2012.
A Vig-Bay, unha tempada máis, rompeu calquera rexistro pola súa espectacularidade, mentres que entre as probas con saída e chegada no termo municipal a Vigo+11 é a referencia, tendo superado este ano os 1.000 participantes. A Carreira do Pavo, que este domingo cumpría a súa edición número 50 e que é a máis antiga (comezou en 1943 pero sufriu varias desaparicións do calendario, pero xa é fiel á súa cita desde 2000), está preto de arrebatar o terceiro lugar á Nocturna de San Xoán. Por cuarto ano consecutivo, con datos manexados pola delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo e os organizadores de carreiras populares, todas as probas subiron o número de atletas que concluíron cada evento. |







































As carreiras pedestres locais, incluída a Vig-Bay que empeza en Samil aínda que remata en Baiona, sumaron este ano máis de 8.100 atletas que cruzaron a liña de meta.