|
25/12/2010 |
 O pasado martes tivo lugar a entrega de premios do II Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares no museo Verbum. Nesta edición repartíronse en premios en metálico 7.900 euros, 1.100 euros máis que en 2009, coa novidade da inclusión dun trofeo para todos os campións de categoría.
|
|
Ler máis...
|
|
25/12/2010 |
 O Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares manterase en 2011, segundo confirmou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. O edil, satisfeito polo crecemento do número de inscritos, que practicamente se multiplicou por dous dun ano a outro, pretende consolidar a idea e seguir mellorándoa coa adopción de novas iniciativas.
|
|
Ler máis...
|
|
15/12/2010 |
|
Soledad Castro, do Comesaña Sporting Club, é xa a virtual gañadora do II Circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares. Castro, que non competiu este pasado domingo na V Subida ao Castro, avantaxa á súa máis directa perseguidora, a céltica Sara Pérez, en 50 puntos, polo que a diferenza é inalcanzable.
|
|
Ler máis...
|
|
02/12/2010 |
|
A organización do Circuíto de Carreiras Populares Cidade de Vigo 2010 tomou a decisión de dar por válida a participación de Akka Essaadaqui na carreira de San Xoán, en xuño pasado, co cal o atleta se reintegrará en próximos días á clasificación da súa categoría, a Promesa-senior masculina.
|
|
Ler máis...
|
|
07/10/2010 |
 A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo organiza a V Carreira Popular Vigo+11 baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
|
|
Ler máis...
|