|
22/03/2010 |
 Hassan Lekhili e Soledad Castro, gañadora da primeira edición (2007) venceron en categoría absoluta no campus da Universidade de Vigo, nunha xornada na que catro dos seis podios da carreira absoluta (Robertas Geralavicius, Juan Pablo Fernández, Soledad Castro e Marta Fernández) están inscritos no circuíto vigués de carreiras populares.
|
|
Ler máis...
|
|
17/03/2010 |
 A Concellería de Deportes e a Fundación Vigo en Deporte continúan co prazo de inscrición aberto para o circuíto de carreiras pedestres Cidade de Vigo 2010.
A Concellería de Deportes presentou o evento nunha rolda de prensa no Concello e agora espera a resposta dos clubs e dos e das atletas nun evento con premios que suman os 9.200 euros. A delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo tamén promociona o circuíto dende a súa páxina oficial web (www.vigoatletismo.es).
A inscrición estará aberta ata o vindeiro 17 de xuño.
Modos de inscrición no circuito:
1. : A través da Web www.championchipnorte.com
2. : Na Fundación VIDE
Folla para inscrición xeral (1.64 MB)
Instrucións para a inscrición presencial (407.47 kB)
Normativa do circuíto (3.46 MB)
|
|
17/03/2010 |
 Marta Fernández (Comesaña Sporting Club) e Daniel Bargiela (Ourense Academia Postal), gañadores seniors do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares no ano 2009, son algunhas das estrelas da edición 2010 desta liga municipal que abrangue sete probas.
|
|
Ler máis...
|
|
17/03/2010 |
 A carreira 10 km Cidade Universitaria abre este domingo, como no 2009, o Circuíto de Carreiras Populares Cidade de Vigo. E con éxito de inscrición, porque daranse cita no campus de Vigo arredor de 650 corredores na cuarta edición desta proba, que se converte na máis multitudinaria das celebradas ata agora.
|
|
Ler máis...
|
|
12/03/2010 |
 O vindeiro mércores 17 ás 24 horas finaliza o prazo de inscrición para a proba de carreira en ruta 10KM Cidade Universitaria. Ata o momento hai rexistradas máis de 300 inscricións e se prevé que a cifra se duplique os últimos días.
|
|
Ler máis...
|