Colaboradores

Cartel
Cartel
Cartel
Recta final para o comezo do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares coa proba da Universidade PDF Imprimir Correo-e
17/01/2012
cuvi1O circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo, que na súa cuarta edición celebrarase neste 2012, está a piques de coñecerse. E como cada ano, a proba da Universidade de Vigo será a primeira dun programa que rematará coa tradicional carreira do Pavo, en decembro na Alameda.

A carreira e andaina 10 km Cidade Universitaria 2012 é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que colaboran a Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo e o Comesaña Sporting Club de Vigo, sendo o patrocinador principal da proba a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco).

A sexta edición desta carreira a pé desenvolverase no entorno do campus de Vigo. En 2011 a proba contou coa participación de 670 corredores e nesta esperase a participación de 800 corredores/-as entre pertencentes á comunidade universitaria de Vigo e participantes en xeral deste tipo de probas deportivas (atletas populares). A principal novidade é a entrada do circuíto da carreira nas instalacións da Cidade Deportiva do Círculo Mercantil de Vigo, pasando a desenvolverse en so dúas voltas de 5 quilómetros.

Por primeira vez realizarase de xeito paralelo unha andaina, tamén de 10 quilómetros, que transcorrerá polo interior do Campus Universitario chegando ao Parque Forestal de Beade. Agárdase a participación de 150 camiñantes.