Colaboradores
| As seleccións galegas infantil e cadete de bádminton participan no campionato de España escolar en Pamplona |
|
|
|
| 23/06/2011 |
|
Do 26 ao 30 de xuño de 2011 a selección Galega infantil e cadete de bádminton vai tomar parte no Campionato de España Escolar que se vai celebrar en Pamplona. A expedición galega partirá o 26 cara Pamplona e estará composta por: Selección Galega Infantil: Selección Galega Cadete: Xunto a eles desprázase o seleccionador galego e técnico do CETD Galicia Rafael Vázquez máis os técnicos David Aboal del Club del Mar, Ana Durán do CB As Neves e Juan Manuel Vila do CB Rachaplumas. Galicia parte con opcións ao podium nas dúas categorías, na categoría infantil defende o subcampionato logrado o ano pasado. Na categoría infantil Galicia esta encadrada no grupo 2 xunto a Castilla León, Castilla La Mancha e País Vasco mentres na categoría cadete Galicia esta no grupo 4 xunto a Canarias, Castilla La Mancha e Baleares. Os partidos darán comezo o 27 no Estadio Larrabide de Pamplona. |






































