Colaboradores
| Éxito deportivo no V Trofeo Concello de Vigo - II Memorial Luis Miró de bádminton |
|
|
|
| 13/06/2011 |
|
Un total de 150 deportistas representando ás entidades de CB Los Sauces de Pontevedra, CB As Neves, IES de Tomiño e CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño, o Colexio Ángel de la Guarda de Nigrán e as entidades de Vigo: Colexio Apóstol Santiago, Colexio Carmelitas, Colexio Martín Codax, Colexio Monterrey, IES de Teis, EDM de Vigo e CB Rachaplumas tomaron parte nesta edición onde se disputaron 200 partidos entre as 10:00 h. e as 19:00 h. Éxito no peche da presente tempada de bádminton con gran participación e numeroso público na grada que gozou dun grande espectáculo ofrecido por estas novas promesas de bádminton. O CB Rachaplumas organizador do evento brillou na organización e no deportivo ao alzarse con cinco dos oito títulos en xogo. Á entrega de medallas asistiron as seguintes autoridades: Xabier Alonso, concelleiro de Deportes en funcións; Lucía Molares, delegada da Xunta de Galicia; Elia Rodríguez, viúva de Luis Miró; e Carlos Miguel e Lupe Lago en representación das empresas colaboradoras co club Deportes Carlos Miguel e Banco Mediolanum. A presente edición contou coa novidade de que a competición se abriu a entidades do sur da provincia de Pontevedra coa participación de deportistas de Pontevedra, As Neves, Nigrán e Tomiño o que elevo o nivel deportivo da proba. Este foi o cadro de honra do V Trofeo Concello de Vigo - II Memorial Luis Miró: Benxamín Masculino: Benxamín Feminino: Alevín Masculino: Alevín Feminino: Infantil Masculino: Infantil Feminino: Cadete Masculino: Cadete Feminino: |







































O pasado sábado celebrouse na Pista Vermella do IMD das Travesas de Vigo a 5ª edición do Trofeo Concello de Vigo - II Memorial Luis Miró de bádminton, organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Vigo e o Club Bádminton Rachaplumas.