Colaboradores
| Bo resultado do Rachaplumas no campionato galego escolar de bádminton |
|
|
|
| 24/05/2011 |
|
A competición foi intensa e emocionante cun total de 380 partidos disputados de 10:30 h a 21 horas. Na competición participaron un total de 200 deportistas e 50 delegados/adestradores representando ás catro provincias que saíron dos correspondentes provinciais celebrados durante o mes de abril e maio. Vigo estivo representado polas entidades: IES Teis e CB Rachaplumas. A representación viguesa logro bos resultados ao conseguir o título por equipos na categoría infantil feminino a cargo do CB Rachaplumas que se mostrou intratable superando a: ¼ de final ao IES As Logoas de Ourense por 5 -0 O equipo estivo composto por: Ana Belén Salgueiro, Lucia Coello, Ainoa Rial, Eva Murio, Laura Valverde e Carla Mouriño. O IES de Teis participo na categoría Cadete Mixto e Cadete Feminino logrando o quinto posto cos dous equipos. En rapaces o IES de Teis perdeu ante o Club do Mar de San Amaro por 4 -1 e gaño ao EDM Tabeada por 5-0 e ao Club Athlos por 3-0. En rapazas o IES de Teis perdio ante o EDM Monforte por 3-2 e gaño a IES Cotobade 4-1 e EDM Chantada 3-1. Na competición individual tamén bos resultados: Catro xogadores do CB Rachaplumas tomarán parte esta fin de semana no campionato de España sub-15 que se disputa en A Estrada. Do 27 ao 29 de maio de 2011 vaise celebrar no Pavillón Municipal "Couto Ferreiro" de A Estrada o Campionato de España sub-15 con representación viguesa. Catro xogadores pertencentes ao Club Bádminton Rachaplumas tomasen parte nesta competición. Os xogadores vigueses participantes son: Lucia Coello, Eva Muiro, Alejandro Rivadulla e Brais Vila. |







































O sábado 21 de maio de 2011 o Pavillón Municipal de Outes da localidade coruñesa de Outes acolleu o Campionato Galego Escolar de Bádminton Infantil e Cadete.