Colaboradores
| II clinic de baloncesto organizado polo Baloncesto Seis do Nadal-Coia |
|
|
|
| 29/08/2011 |
|
Seguindo a liña de actuación no ámbito deportivo das pasadas campañas, o club adica os primeiros meses de cada tempada á formación constante e continua dos técnicos e monitores da entidade, e dos adestradores vigueses e galegos en xeral. Nas pasadas campañas o club olívico organizaba diversas charlas fomativas nos meses de agosto e setembro, sendo a pasada tempada 2010/2011 a primeira que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou un Clinic de Baloncesto, iniciativa que ten a súa continuidade este ano co II Clínic de Baloncesto. Os ponentes do II Clinic de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia que se celebrará o próximo sábado día 3 de setembro do 2011 serán Óscar Lata, Adestrador Superior de Baloncesto que estivo integrado recentemente na canteira do Joventut de Badalona realizando traballos de tecnificación e seguimento xunto a Sito Alonso e Jordi Martí, e que viviu as súas experiencias no baloncesto nacional profesional e incluso no baloncesto internacional na Primeira División de México; Carlos Maceiras, tamén Adestrador Superior de Baloncesto que milita recentemente no Eduardo Blanco Amor de Ourense e que adestrou, entre outros, nos equipos Marín Peixegalego e Celso Míguez de Pontevedra, club no que tamén foi Director Deportivo; e Pablo Sánchez, Preparador Físico do C.Bc. Seis do Nadal - Coia desde a tempada 08/09 e Licenciado en INEF. O II Clinic de Baloncesto comezará as 10:00 horas no Colexio Celso Emilio Ferreiro en Coia, hora na que se fará entrega da documentación das formacións. Ao longo da mañá haberá dúas charlas prácticas ligadas á técnica individual: a primeira ás 10:15 horas estará dirixida por Carlos Maceiras e versará sobre "A transición ofensiva desde a técnica individual". No segundo turno de mañá, xa ás 12:00 horas, a formación práctica será levada a cabo por Óscar Lata, quen explicará "A técnica invididual no ataque por espazos".. Na xornada da tarde, os asistentes poderán presenciar dúas ponencias, tamén prácticas, que se centrarán no "Traballo de técnica individual no Joventut de Badalona" e "Novas tendencias na aceleración e desaceleración", que serán tratadas por Óscar Lata e Pablo Sánchez respectivamente. Escola Galega de Adestradores A asistencia a este II Clinic de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia establece un ano máis outro aliciente formativo con múltiples coñecementos que se exporán sobre a pista. Así, a participación no mesmo validarase como 6 horas de formación práctica para os alumnos dos cursos de Nivel 1 e Nivel 2 da Escola Galega de Adestradores de Baloncesto da Federación Galega de Baloncesto. Inscrición O II Clinic de Baloncesto é unha actividade gratuíta e aberta a tódolos adestradores interesados en asistir. Tódolos aqueles técnicos interesados en formar parte desta actividade formativa deberán enviar un correo electrónico co seu nome e apelidos así como o clube ou entidade ao que pertencen ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . |







































O Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia, recentemente nomeado Mellor Club por Puntos da Delegación Viguesa de Baloncesto 2010/2011, organizará nesta nova tempada 2011/2012 o II Clínic de Baloncesto 2011 dirixido a técnicos, adestradores e monitores o próximo sábado día 3 de setembro do 2011 no Colexio Celso Emilio Ferrerio en Coia (Vigo).