Colaboradores
| O CB Seis do Nadal-Coia mellor club da delegación viguesa de baloncesto da tempada 2010/2011 |
|
|
|
| 15/06/2011 |
|
Na presente tempada 2010/11 xa finalizada, o Mellor Club de Vigo e Comarca, é dicir, o primeiro clasificado na Clasificación de Clubs da Delegación Viguesa de Baloncesto foi o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia. Deste xeito, o Club Baloncesto Seis do Nadal consegue por décimo ano consecutivo este título outorgado pola Delegación Viguesa de Baloncesto. O noso club acadou este galardón nos cursos 2001/02, 2002/03, 2003/04, 2004/05, 2005/06, 2006/07, 2007/08, 2008/09, 2009/10 e, agora, 2010/11. Este galardón volve a mostrar novamente o excelente e sólido traballo de formación que se desenvolve na nosa entidade co deporte base, converténdose na mellor canteira da cidade de Vigo e dunha das mellores canteiras de formación de Galicia. A clasificación xeral por puntos dos dez primeiros Clubs da Delegación Viguesa de Baloncesto da tempada 2010/2011 é a seguinte: 1º- SEIS DO NADAL - COIA (236) |







































A Delegación Viguesa de Baloncesto emitiu esta semana a Clasificación de Clubs da DVB por puntos da tempada 2010/11. Nesta clasificación de fin de tempada tense en conta (segundo o baremo de puntos en descenso unitario en cada unha das clasificacións zonais finais) os equipos participantes de cada club e, por suposto, os resultados deportivos.