Colaboradores

Cartel
Cartel
Cartel
Logotipo El Olivo
El Olivo
Presidente:  Balbino Moreira Vallez
Oficina:  Rúa Otero Pedraio Pr. Galegos Ilustres, 5 36211 Vigo
Horario:  Mañás: 09.00-13.00 h Tardes: 17.00-20.00 h
Liga:  Primeira División Feminina
Teléfono:  986 237 778
O Olivo fai o partido da súa vida e volve ao máis alto da clasificación
29/03/2011

Un graderio onde non cabía nin un alfinete fixo voar ás rapazas do Olivo sobre o sintético de Navia, sabían o que xogaban e só lles valía a vitoria, levaban toda a semana esperando ao domingo ás 12:15 para que Costas Soto sinalase o comezo do partido, e así foi, concienciadas, unidas, sacrificadas, loitadoras, pero sobre todo compañeiras, este Olivo é diferente e crécense ante as adversidades.

Ler Máis...
El Olivo foi quen de gañar ao Ponferrada (1-0) e está a dous pasos da fase de ascenso
27/03/2011
374olivo2

El Olivo recuperou o liderado no grupo II da Primeira Nacional de fútbol feminino, mantense invicto no Municipal Pahiño (once encontros, once vitorias) e logrou encher o campo municipal por vez primeira esta tempada.

O novo complexo deportivo de Navia segue a dar sorte aos equipos locais, que non ceden nas novas instalacións do IMD.

 

Ler Máis...
O Municipal Pahiño decidirá o domingo entre El Olivo e Ponferrada para a fase de ascenso
21/03/2011
1276173857navia
O novo complexo deportivo de Navia volverá ser escenario dun choque de altos voos.

Os aspirantes porán o título en xogo a pesar de que despois aínda restarán por disputarse dúas xornadas máis.
Ler Máis...
El Olivo salva o derbi remontando cunha xogadora menos e decidirá a Liga en Navia diante do Ponferrada
21/03/2011
374olivo1

Non comezaban ben as cousas para o cadro local, xa que cando aínda non se sentara o público, o marcador xa reflectía 0-1, un despiste defensivo propiciaba que Cristina dispuxese dun man a man con Carlota que non desprezaría pero o peor estaba aínda por chegar.

Ler Máis...
O Olivo volve picar no desconto
14/03/2011
olivo

Partido disputado nunha mañá chuviosa. O cadro olívico saltaba o sintético de "A Torre" cun obxectivo claro, dominar o partido de principio a fin tanto en xogo coma no marcador.

Ler Máis...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>