Colaboradores

Cartel
Cartel
Cartel
Logotipo Turismo de Vigo Xuvenil de Teis
Turismo de Vigo Xuvenil de Teis
Presidente:  Ruth Calvo
Oficina:  Núñez de Balboa, 12-3ºD 36208 Vigo
Liga:  FEV Feminina
Teléfono:  635 213 721
Derrota do Turismo de Vigo en Teis
21/12/2009

Caeron derrotadas as rapazas do Turismo de Vigo Xuvenil de Teis contra o C.V. Chiclana, con resultado de 1-3 para as visitantes. Tras perder os dous primeiros sets por 19-25 e 15- 25 en le terceiro o equipo vigués reaccionou e adxudicoullo/llelo por 25-21. No cuarto set e coa vantaxe de dous sets a favor para as gaditanas solo deixaron que as de Teis chegasen a 20 puntos. O equipo séguese resentindo polas lesións de xogadoras importantes.

Ler Máis...
Derrota do Xuvenil e baixa do adestrador
14/12/2009

O comezo da segunda volta non deparou un resultado esperanzador para o equipo vigués. No seu desprazamento de Lugo para enfrontarse ao Emeve Laboratorios Nupel só conseguiu anotarse un set. E primeiro set anotáronllo as lucenses por 25-22, o segundo set foi para as viguesas por idéntico resultado. No terceiro ser as locais tiveron que esmerarse para adxudicarse o set por 27-25 e no último set as xogadoras de Teis deixaron marchar o set por un 25-13.

Ler Máis...
Dous encontros para o Turismo de Vigo
03/12/2009

As xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis disputarán dous encontros esta fin de semana. O primeiro é o aprazado a semana pasada contra Marineda que se disputará o venres ás 20:30 no Pavillón do Barrio das Flores da cidade Herculina. As xogadoras afrontarán este partido coa ausencia por lesión do seu capitana Lorena Cruz que segue convalecente da súa escordadura, pero que se desprazará coas súas compañeiras ata Coruña para ver o partido. As coruñesas ocupan a oitava posición, unha por debaixo das viguesas.

Ler Máis...
Suspensión por folga do partido do Xuvenil
30/11/2009

Fevb feminina

O partido previsto para esta xornada suspendeuse pola folga nas instalacións deportivas municipales de Coruña. O partido que debía enfrontar ao equipo de Vigo contra o de Marineda, último clasificado do grupo A, pospúxose ata a próxima fin de semana.

Ler Máis...
O Turismo de Vigo cae nun bo encontro
23/11/2009

O Turismo de Vigo estivo a punto de dar a sorpresa ao conseguir un resultado de 2-3 contra o Grupo Gevasport as asturianas chegaban a este encontro sen perder un solo set dende o comezo da liga. O partido presentábase mal para as galegas pola lesión no adestramento do venres da capitana Lorena Cruz, que sufriu unha escordadura no seu nocello.

Ler Máis...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>