Colaboradores

Cartel
Cartel
Cartel
Logotipo Iveco Universidade Vigo Rugby
Iveco Universidade Vigo Rugby
Presidente:  Ramón González-Babé Iglesias
Oficina:  Rúa Urzaiz 11, 1ºA 36201 Vigo 605 991 910 / 678 537 965
Liga:  División de Honra
Teléfono:  630881580

O Iveco Universidade gana 0 a 62 ao Uribealdea vasco
24/01/2011
foto equipo

O Iveco Universidade volve gañar contundentemente, esta vez ao Uribealdea en Munguía ante un público moi deportivo que rematou aplaudindo as boas xogadas do equipo vigués. O resultado final foi de 0 a 62 con 10 ensaios apoiados aos que se sumaron 6 conversións e conseguindo punto bonus.

Ler Máis...
O Iveco deixa escapar un partido que tiña practicamente gañado
10/01/2011
374ruckvigo

O Iveco Universidade Vigo Rugby trasladábase a Oviedo sabendo que o tocaba un forte rival en defensa. E nunha liga sumamente parella os partidos defínense por pequenos detalles, que neste caso foi un erro a 7 minutos do final nun mal pase da liña de tres cuartos, que con superioridade numérica e posibilidades de ensaiar, lle regala un balón que intercepta o equipo asturiano para ensaiar baixo paus e desmoralizar ao equipo vigués, que acabou perdendo por 14 10.

Ler Máis...
O Iveco Universidade rescata un punto bonus e mantén a segunda praza en Hernani
13/12/2010
374img_7731

Duro partido o que lle tocou xogar ao Iveco Universidade en Hernani con resultado final en contra de 19 a 14. Ao perder por menos de 8 puntos o conxunto vigués tróuxose un punto bonus.

Ler Máis...
Vitoria do Iveco ante o BUC
29/11/2010
374img_8284

No partido correspondente á 8ª xornada da liga de División de Honra B, o Iveco Uiversidade Vigo R.C. conseguiu unha nova vitoria ante BUC que lle permite continuar na segunda posición da táboa.

Ler Máis...
Novo triunfo do Iveco Universidade que o coloca segundo
08/11/2010
374ruckvigo

O Iveco Universidade obtivo un importante triunfo na súa visita ao Pais Vasco ao campo do Durango vencendo por 24 15 e traéndose un punto bonus. Con este resultado o equipo olívico colócase segundo na clasificación como única escolta de Getxo Rugby que venceu con bonus ao BUC en Barcelona por 53 a 17.

Ler Máis...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>