Colaboradores

Cartel
Cartel
Cartel
Logotipo Club Vigo Voleibol
Club Vigo Voleibol
Presidente:  Guillermo Touza Rodríguez
Oficina:  Rúa Bolivia, 2 - 6º C 36203 Vigo
Liga:  Superliga Masculina de Voleibol
Teléfono:  986 480 231/667 546 006

Clara vitoria do Vigo Voleibol en Mallorca
09/11/2009

Partido disputado no Novo Pavillón de Patra en Palma de Mallorca onde os vigueses demostraron a súa superioridade vencendo por tres set a cero. Primeiro e segundo set con clara vantaxe no xogo para os olívicos e só houbo igualdade no último, gañándoo finalmente os homes de Flavio Calafell.

Ler Máis...
O Vigo vence con dificultades a Palencia 2010
02/11/2009

O temor a unha vitoria e sobre todo contra Palencia 2010 plasmouse na cancha xa que a vió a un grande equipo, Palencia, e a outro pobre de recursos e excesivamente espeso á hora de resolver calquera acción que se presentaba no campo. Non debería o VIGO relaxarse contra ningún equipo e menos contra o rival desta tarde que dará moitos desgustos nesta categoría xa que os novos xogadores Palentinos demostraron que forman un gran conxunto.

Ler Máis...
Importante vitoria do Vigo Voleibol en Almoradí
26/10/2009

Presentábase difícil este encontro xa que se enfrontaban os dous primeiros clasificados da Liga, neste momento, e dous dos equipos que aspiran a conseguir o ascenso á máxima categoría. Difícil para os vigueses e tamén difícil para os locais. Tensión e presión para ambos os dous dende o comezo do encontro xa que ningún estaba disposto a deixarse gañar e os dous querían que os puntos en disputa quedasen na súa cuadrícula. Pero foron os vigueses, que despois de asentarse no campo deron un duro golpe aos locais e tráense os "seis" puntos en disputa xa que cremos que este equipo estará na segunda fase e valen os puntos conseguidos na primeira.

Ler Máis...
Doada vitoria para o Club Vigo ante o Málaga
18/10/2009

Haberá que esperar outra semana para coñecer en profundidade ata onde pode chegar o equipo vigués xa que nesta ocasión novamente o encontro resultou demasiado doado para os homes de Flavio Calafell, posiblemente moito mais do que reflicten os marcadores dos tres sets xa que unha vez que estes estaban encarrilados os locais baixaban o acelerador para que os visitantes puidesen achegarse mais e finalizar cos algarismos que se reflicten na acta do encontro. Os afeccionados gozaron da vitoria local pero do xogo non puideron facelo, salvo nalgunha xogada illada onde os dous equipos puxeron certo empeño e deron algo de espectáculo.

Ler Máis...
Bo comezo do Club Vigo Voleibol
13/10/2009

CLUB VIGO 3 TALASUR CARTAGENA 0
Parciais; 25-11( 22m.) 25-17 (25m.) 25-13 (20m.)
CLUB VIGO: Sánchez: Branco; Benassi; Guidolin; Díaz e Mahia. Libre Regueiro. Tamén xogaron; Zayas: Tey: Galego e Justiniano.
GARTAGENA: Fernández; Cruz; Baños; Bacci; Ferreira e Pérez. Libre Perez. Tamén xogaron; López: Gutierrez e Tomás.
Ábritros: Srtas. Álvarez e Martín, de Asturias. Ben
Pavillón de Coia: 200 espectadores.

Ler Máis...
<< Inicio < Anterior 11 12 Seguinte > Final >>