Colaboradores
| O Aldasa aproveita a primeira das dúas semanas consecutivas sen Liga para cargar pilas |
| 15/04/2011 | |
![]() A dolorosa derrota encaixada o pasada sábado en Valladolid ante o Fundación Grupo Norte (78-41), nunha segunda parte desastrosa dos vigueses, obrigaban a César Iglesias e os seus pupilos a realizar un exercicio de autocrítica para avaliar os motivos dunha derrota que entraba dentro do esperado pero non así a contundencia do marcador. | |
| Ler Máis... |
| O Aldasa, sen presión, buscará dar a sorpresa ante un Valladolid que non pode fallar |
| 08/04/2011 | |
![]() O Aldasa Amfiv pode converterse este sábado en Valladolid (19.00 horas) en protagonista case involuntario da División de Honra de Baloncesto en Cadeira de Rodas. Os vigueses, coa permanencia practicamente asegurada tras o seu triunfo da pasada xornada en Badalona (41-68), visitan a cancha do Fundación Grupo Norte, un rival que non pode permitirse ningún tropezo no que resta de tempada se quere conservar o seu liderado virtual e gañar a liga. | |
| Ler Máis... |
| Un partido moi serio rompe a sorte de derrotas do Aldasa Amfiv |
| 04/04/2011 | |
![]() O Aldasa Amfiv sorrí de novo. O conxunto de César Iglesias á fin atoparon a luz ao final do túnel despois dun complicado mes de marzo, saldado con seis derrotas consecutivas entre euroliga 1, partido ligueiro ante o Getafe e Copa do Rei. Foi á primeira oportunidade e chegou a través dun partido moi serio por parte dos vigueses, que apenas deron opción ao último da División de Honra de Baloncesto en Cadeira de Rodas, o Gam Joventut de Badalona (41-68). | |
| Ler Máis... |
| O Aldasa Amfiv volve este sábado á Liga cun choque trampa na pista do último |
| 01/04/2011 | |
![]() Unha vez superado o negativo mes de marzo, coas temperás eliminacións copera e europea, o conxunto de César Iglesias regresa este sábado (19.00 horas) á realidade da División de Honra de Baloncesto en Cadeira de rodas visitando a cancha do GAM Joventut de Badalona, un equipo que ocupa a última posición da táboa clasificatoria pero que xa demostrou na primeira volta no Pavillón de Bouzas (59-50) que non será un rival doado. | |
| Ler Máis... |
| O Fundosa Once acaba co sono copero do Aldasa no terceiro cuarto |
| 29/03/2011 | |
O conxunto de César Iglesias sabía que a súa participación na Copa do rei de baloncesto en cadeira de rodas que se disputou esta fin de semana en Marbella podía ser efémera. A sorte deparara, unha vez máis, un complicadísimo choque en cuartos de final aos vigueses. | |
| Ler Máis... |







































