|
31/01/2012 |
Con dous meses para concluír a competición máis curta da historia (fase regular), febreiro pode supor para as de Carlos Colinas o despegamento definitivo, xa que catro dos seis partidos previstos ese mes que mañá comeza serán en Vigo.
|
|
Ler máis...
|
|
24/11/2011 |
 A pasada fin de semana disputouse en Pontevedra o Campionato de Galicia absoluto por equipos de squash, conseguindo o club Vigo Squash uns excelentes resultados.
O conxunto olívico proclamaríase campión polo tanteo de 3-0 co equipo feminino formado pola pontevedresa Sara Esperón, Raquel Domínguez, Guadalupe Lareu e Xisela Aranda, actual campioa de España absoluta individual e bolseira de VIDE.
|
|
Ler máis...
|
|
16/11/2011 |
 O Academia Octavio é o protagonista absoluto da campaña desta semana da Fundación VIDE. Baixo o título "Paixón polo balonmán", a publicidade anuncia o encontro Octavio-Barcelona deste mércores.
Porque hoxe recibe o sete académico ao FC Barcelona Intersport en partido da Liga Asobal (20:30 horas, As Travesas). O conxunto vigués, que está realizando unha gran primeira volta no seu regreso á máxima categoría, recibe ao equipo azulgrana, colíder do campionato e vixente campión de Europa.
Con todo, os de Pasqui, exporteiro do Octavio, non teñen boa lembranza das súas últimas visitas ao Central: en 2010 perderon en Vigo a final da Copa Asobal (contra Cidade Real) e este ano caeron en semifinais da Copa do Rei no mesmo escenario (ante o Valladolid).
|
|
Ler máis...
|
|
05/11/2011 |
 Cambios na disputa das vindeiras xornadas do Aldasa Amfiv en División de Honra de cadeira de rodas e que afectan aos seus partidos diante do CAI Zaragoza e do CID de Xetafe.
En principio, segundo o calendario inicial o conxunto vigués tiña que desprazarse esta fin de semana a Zaragoza para disputar a terceira xornada da máxima competición nacional.
|
|
Ler máis...
|
|
26/10/2011 |
 Nova fichaxe para o Iveco Universidad de Vigo, pechacancelas da Liga Renfe de rugby.
|
|
Ler máis...
|