O Halcones inicia a Liga con dobre derrota

halconesAmbos os dous partidos comezaron dunha forma espectacular, a emoción vibraba innings tras innings, un equipo poñía arriba ao marcador e axiña o outro remontaba para non quedar atrás. Non obstante, as condicións non se deron para que o Halcones de Vigo fose o vencedor, os sevillanos mostraron o seu gran nivel e impuxéronse nos dous encontros.

No segundo partido, que resultou ser grandioso, o lanzador relevo Juan Rodríguez fixo gala da súa destreza mantendo a raia o equipo local e, á súa vez, creou oportunidades para que os vigueses se achegarán ao marcador e puidesen vencer, de feito na parte baixa da quinta entrada o marcador estaba 10 a 9. Lastimosamente, a pesar do grande esforzo do equipo vigués, o segundo partido tampouco se puido vencer.

En definitiva os Red Sox gañaron ambos os dous encontros, o primeiro por nocaut de 17 a 7 e o segundo por unha diferenza de tres carreiras, 12 a 9.

A cita é para a próxima fin de semana onde o equipo madrileño CBS Rivas visita Vigo para enfrontarse ao grande equipo de Los Halcones.