O vigués, Éder Villanueva, segundo no Torneo Internacional de Grensland de Loitas Olímpicas

Medalla de prata para Éder Villanueva González, do Club de Loita El Castro de Vigo, no Torneo Internacional de Grensland (Holanda) celebrado a semana pasada. O deportista vigués foi sete veces campión nacional na súa disciplina, e intentará chegar aos Xogos de Río 2016 tras perderse os de Londres 2012, ao non lograr a clasificación.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar a Éder polo seu éxito conseguido no Torneo Internacional de Loitas Olímpicas.