O Club de Esgrima El Olivo de Vigo consegue dous ouros e tres bronces en e ranking nacional cadete

esgrimaDous oros, Pedro Otero e por equipos na categoría masculina, e tres bronces, Rodrigo Guitian, Laura Caballero e por equipos na categoría feminina, é o balance do club vigués na segunda proba do ránking nacional cadete, na modalidade de florete, celebrado en Madrid a pasada fin de semana.

É a primeira vez que o Club de Esgrima El Olivo de Vigo obtén unha medalla de ouro por equipos, a nivel nacional, en categoría masculina.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e ou traballo realizado a favor do deporte local.