A segunda edición da "nocturna correndo por Vigo Máis que auga" colga o cartel de prazas esgotadas

mais_que_augaA cidade de Vigo será a anfitriona o próximo sábado, 17 de maio, da segunda edición de la "Nocturna Correndo por Vigo máis que auga". A proposta da organización superou as expectativas creadas esgotando a oferta de 1.200 prazas, previstas nun inicio, a falta de dez días do peche de inscricións.

Por este motivo, decidiuse ampliar e dar así cabida aos atletas que quedaran fóra en primeira instancia, superando a cifra de 1.500 participantes. Á devandita cifra deben sumarse os máis de 200 infantís que se unirán á festa do Running.

A proba contará coa presenza, de María Vasco, medalla de bronce nas Olimpíadas de Sydney 2000 na modalidade 20 km marcha, Ronsel Estévez Barreiro, (3000 m Olimpiadas 92), dous subcampions de España de maratón, Elías Domínguez e Yolanda Gutiérrez, así como José Antonio Ramallo. Todo un luxo para la "Nocturna Correndo por Vigo máis que auga" contar con estes atletas.

A entrega de números farase o mesmo sábado da carreira nas instalacións "Máis que auga" (Coia-Florida-Florida), de 16:00h a 20:30h.

Nesta segunda edición cun cambio de percorrido, ofrecerase a todos os participantes música en directo, pizza, cervexa e a actuación especial do actor e humorista Manuel Manquiña.

Este ano a organización de Correndo por Vigo, iniciou a colaboración co proxecto DISCAMINO, que consiste en facer realidade o sono de persoas con diferentes minusvalideces para poder realizar o Camiño de Santiago, ofrecendo a posibilidade aos participantes de colaborar de forma voluntaria no momento de realizar a inscrición.

Máis info en: www.correndoporvigo.com