|
Procedemento a seguir para a posta en marcha dunha asociación deportiva
Altas no rexistro A posta en marcha dunha asociación deportiva debe realizarse a través dun proceso de rexistro formal que se leva a cabo a través da Secretaría Xeral para o Deporte ou dos Servizos Provinciais de Deportes das Delegacións Provinciais da Presidencia da Xunta de Galicia.
Documentación que debe presentarse -Solicitude de inscrición (modelo normalizado). A entregar por triplicado: -Acta de constitución. -Acta de aprobación dos estatutos pola Asemblea Xeral. -Relación dos nomes, número de DNI e domicilio dos promotores ou directivos. -Estatutos do club. -Xustificante de ter aboado as taxas. *Pago de taxas a través de internet: O pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Economía e Facenda (www.economiaefacenda.org).
Modificacións do Rexistro Este é o procedemento que debe seguirse para comunicar ao Rexistro de Entidades Deportivas e Deportistas de Galicia as modificacións xurdidas nun club ou entidade deportiva que afecten a este rexistro, como poden ser as seguintes: cambio de denominación, de xunta directiva, de enderezo social, de estatutos e creación de seccións deportivas.
Documentación que debe presentarse Solicitude normalizada. Fotocopia de acta da Asemblea do club na que se acorden as modificacións por duplicado ou certificación expedida polo Secretario co Vº e prace do Presidente onde conste a modificación. Xustificante de ter aboado as taxas. *Pago de taxas a través de internet: O pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Economía e Facenda (www.economiaefacenda.org).
Onde realizar calquera xestión referida ao Rexistro
-Secretaría Xeral para o Deporte Servizo de Coordinación Deportiva San Láraro, s/n. Estadio Multiusos 15890 Santiago de Compostela Teléfono: 981 542 619 Fax: 981 542 638
-Delegación Provincial de Cultura e Deporte da Coruña Servizo de Deportes da Coruña Avda. de Glasgow, n 11 - O Birloque 15008 A Coruña Teléfono: 981 132 443 Fax: 981 132 527
-Delegación Provincial de Cultura e Deporte de Lugo Servizo de Deportes de Lugo Ronda da Muralla, nº 70 - 1ª Planta 27071 Lugo Teléfono: 982 294 559 Fax: 982 294 565
-Delegación Provincial de Cultura e Deporte de Ourense Servizo de Deportes de Ourense Camiño Prado Lonia, s/n 32004 Ourense Teléfono: 988 386 050 Fax: 988 386 087
-Delegación Provincial de Cultura e Deporte de Pontevedra Servizo de Deportes de Pontevedra Padre Fernando Olmedo, 3 36002 Pontevedra Teléfono: 986 861 117 Fax: 986 861 148
|