Colaboradores
| A apisoadora do Rayo pasa por enriba do Olivo |
|
|
|
| 12/09/2011 |
|
Os tres primeiros goles afundiron ao equipo vigués que non soubo reaccionar, os fallos dunha defensa descoñecida do Olivo engadidos ao mal día de Carlota, a porteira, fixeron que se fosen ao descanso cun 4 a 0. O Olivo saíu asustado ao campo Vallecano. Xa na segunda parte as de Quin foron incapaces de soportalo e foron caendo os goles uns tras outro, o Raio que leva preparando dende hai dous meses a Copa de Europa que o vai enfrontar ao Arsenal, e conta entre as súas xogadoras coa guineana Jade e Natalia que sentenciaron o partido. O Olivo deberá repoñerse nesta semana de descanso e subir a moral xa que os próximos encontros, ante o Levante e Barcelona están á volta da esquina. |







































O Raio pasou por enriba do Olivo sen piedade na ciudade deportiva Fundación Rayo Vallecano ante 200 persoas. O pequeno David atopouse con Goliat. As rapazas do Novacaixagalicia encaixaron dez goles das madrileñas.