II Edición do Congreso Galego de Baloncesto
-A Federación Galega de Baloncesto organiza os vindeiros 15 e 16 de marzo unha nova edición deste Congreso.
-A actividade contará coa participación do Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e coa presenza de destacados profesionais de diferentes áreas do baloncesto.
-A inscrición no congreso será de balde, desfrutando ademais, os 100 primeiros inscritos, dun xantar gratuíto.
Inscrición e convalidacións
Os interesados en formalizar a súa inscrición poderán facelo, antes das 12.00 h. do 8 de marzo, achegando o formulario de inscrición por mail (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
), FAX (981566066) ou en persoa á Federación Galega de Baloncesto. A participación no congreso será de balde, desfrutando ademais, os 100 primeiros inscritos, dun xantar gratuíto. Ademais, a asistencia completa a primeira xornada deste II congreso poderá validarse como 8 horas de formación continua para os alumnos da Escola Galega de Adestradores que se atopen realizando os cursos de nivel 1 e nivel 2.
Igualmente, no plano formativo os alumnos da Universidade de A Coruña que participen de xeito íntegro en ambas as xornadas do Congreso terán dereito a un crédito de libre configuración |