|
07/03/2012 |
 Os 10 km Cidade Universitaria baten a súa marca de participación (656 no 2011) con máis de 800 atletas.
A participación converterá o campus de Vigo este domingo 11 “nunha festa do deporte”, como explicaba na presentación da carreira o vicerreitor de Extensión Universitaria e Estudantes, Xosé Henrique Costas.
|
|
Ler máis...
|
|
07/03/2012 |
 O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu por vez primeira á entrega de premios do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, que onte á noite recoñeceu aos e ás 25 mellores atletas de 2011 en nove categorías, cunha dotación económica total de 7.400 euros.
Asemade, no acto presentáronse as sete probas de 2012, as mesmas que na edición anterior (10 km Cidade Universitaria, Media Maratón Vig-Bay, Nocturna de San Xoán, 10 km Xornadas Marisqueiras, Vigo+11, Subida ao Castro e Carreira do Pavo). En total serán unos 70 kilómetros desde este mes a diciembre.
O rexedor, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, entregou trofeos e cheques aos "podios" das categorías diante dun auditorio que contou con representantes de todos os estamentos do atletismo local e organizadores de probas.
|
|
Ler máis...
|
|
05/03/2012 |
 O cartel do IV Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, un deseño da firma viguesa errepetres, "é o reflexo da esencia de todas e cada unha das probas que o compoñen, de como os afeccionados ao atletismo e os deportistas populares desfrutan da cidade", segundo explica a firma autora.
Guillermo Janeiro, responsable da idea, apunta da mesma que "as probas do circuíto son o mesmo traxecto que moitos fan en cada adestramento, o ir e vir de cada día. Unhas máis longas, outras máis duras pero todas en Vigo".
E asegura que "todos e todas @s participantes, as propias probas do circuíto e os seus percorridos forman ese gran atleta que é a cidade de Vigo".
|
|
Ler máis...
|
|
05/03/2012 |
 O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a cuarta edición do Circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares, que este ano engloba a sete probas pedestres, seis con inicio e final no termo municipal e unha, a Vig-Bay, que sae de Samil e remata en Baiona.
“Dende a xente máis nova ata os veteranos poden inscribirse nestas probas”, anunciou o alcalde, que considerou que este circuíto “ten un magnífico enfoque porque dá unha visión global do atletismo e as carreiras populares, engloba as actividades saudables e a cidade”.
Segundo Caballero, que felicitou aos organizadores pola súa iniciativa de contar con varias probas no asfalto vigués de marzo a decembro, este circuíto “amosa que temos concepto de cidade cando miles de deportistas reúnense nas rúas de Vigo e, ademais, fomenta o deporte”.
|
|
Ler máis...
|
|
05/03/2012 |
 O arranxo do circuíto para "runners" do parque de Castrelos será un feito este ano. O alcalde asegurou que hai unha partida nos Orzamentos 2012 do Concello para que Castrelos sexa perfecto.
Abel Caballero avanzou hoxe, durante a presentación do Circuíto 2012 de Carreiras Populares, que este ano “imos proceder á reforma do circuíto de Castrelos".
Segundo explicou, "esta é unha demanda de hai moitos anos dos atletas. Nos Orzamentos hai máis de 150.000 euros, unha cantidade certamente significativa, para un firme novo, acorde coa contorna porque non imos romper coa imaxe do parque".
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|