Colaboradores
| Derrota en el último partido lejos de As Travesas |
|
|
|
| 19/04/2010 |
|
Esta vez os vigueses non foron capaces de dar a sorpresa ante un bo equipo como en La Laguna. Os canarios clasificáronse para o play off de ascenso e perfílanse como serios candidatos ao ascenso. O KICS plantou cara nos primeiros minutos do encontro, onde mesmo fomos por diante no marcador. A medida que se achegaba o final do cuarto, os canarios conseguiron marchar no marcador, finalizando o cuarto con seis puntos de vantaxe. Unha boa saída no segundo permitiu ao Kics meterse de novo no partido e poñerse por diante no marcador, aínda que se repetiu a historia do final do primeiro cuarto, e os canarios volveron marchar no marcador. Tras o descanso o Cidade de La Laguna rompeu o partido e marchou no marcador. Nos últimos dez minutos de xogo, os vigueses maquillaron o resultado e conseguiron rebaixar a desvantaxe perdendo ao final por 82-66. O próximo venres xógase o último partido de Liga. Será no pavillón de As Travesas ante o Baloncesto León, equipo tamén clasificado para o play off de ascenso. O partido, como todos os da xornada, se disputará ás 21 horas. Entrada gratis para todos os afeccionados que vaian de vermello. LA LAGUNA 82 Sábado, 17 de abril de 2010. Pabellón Juan Ríos Tejera. |






































