Colaboradores
| O KICS despide a tempada |
|
|
|
| 26/04/2010 |
|
Rematouse unha nova tempada, chea de problemas e cun descenso de categoría, pero coa satisfacción de facer todo o posible por ofrecer o mellor baloncesto do vello continente. Ante o Baloncesto León, o partido foi crecendo a medida que pasaban os minutos. Estaba claro que ao non se xogar nada, os dous equipos comezaron o choque sen demasiada concentración, de aí que nos dous primeiros cuartos a igualdade fóra a notada destacada do partido. Ao comezo do terceiro León marchou no marcador e o partido parecía resolto, pero os leoneses non coñecían o honor dos nosos xogadores, que lle deron a volta e se meteron de novo nos últimos dez minutos de xogo. Ao final as forzas fallaron e non se puido aguantar o tipo perdendo por 64-74. Dende a directiva quitan o sombreiro ante a resposta dos afeccionados que acudiron ao pavillón coa despedida que lle dedicaron ao equipo. Ese cariño mostrado é o que nos fai redobrar os esforzos por conseguir que o proxecto non morra e poida continuar, sexa onde sexa. KICS CIUDAD DE VIGO BÁSQUET 64 Partido disputado o venres, 23 de abril de 2010 no pavillón de As Travesas. |






































