Colaboradores

Cartel
Cartel
Cartel
O KICS vendeu moi cara a derrota PDF Imprimir Correo-e
12/04/2010

O ViveMenorca sufriu máis da conta para desfacerse dun Kics Ciudad de Vigo que vendeu moi cara a derrota. Os vigueses aguantaron todo o partido, e a vitoria soamente lle escapou nos segundos finais da prórroga.

Menorca chegaba a Vigo coñecedor que podía ter moitos apuros se non se metía no partido dende o primeiro minuto de xogo. E dito e feito. Tras o 0-2 inicial, os vigueses xogaron, quizais os mellores primeiros dez minutos da tempada. A forte defensa individual que facían sobre os homes importantes de Menorca permitiulles conseguir varios balóns que provocaron que os menorquinos comezasen a desesperarse demasiado pronto.

O Kics conseguiu poñerse por diante no marcador, con diferenza que oscilaban entre os cinco e sete puntos. Paco Olmos, adestrador de Menorca, botou man do banco para frear a sangría defensiva, recorrendo en ataque a Turner para manterse dentro do encontro.
Ao final dos primeiros dez minutos de xogo, o Kics Ciudad de Vigo vencía por doce puntos de diferenza, ofrecendo unha imaxe de seriedade e bo facer que agradou aos afeccionados que acudiron a Ás Travesas.

O segundo cuarto comezou cun ViveMenorca colocado nunha zona que rompeu aos vigueses. Tanto foi así que a primeira canastra do conxunto vigués chegou tras cinco minutos de xogo por mediación de Toni Vicens, xogador practicamente inédito ao longo da tempada. Esta circunstancia fixo que o encontro se igualase tras un parcial de 0-12 nos cinco primeiros minutos.

Turner e Nicholson levaban o peso do ViveMenorca, aínda que sen conseguir despegarse dun Kics Ciudad de Vigo que seguía moi acertado en defensa e cunhas boas porcentaxes en tiro.

A igualdade mantívose durante o terceiro cuarto. Umeh volveu a cancha para reatoparse con Marcos Suka volvendo ter moitos problemas para xogar en ataque, aínda que en defensa conseguiu que o vigués tivese problemas para ver o aro rival. Mediado o cuarto, Menorca volveu colocarse nunha zona 2-3 que secou novamente o poder anotador dos vigueses. Non obstante, os minutos pasaban e o marcador seguía do máis igualado. O cambio de defensa zonal a individual en Menorca beneficiou ao Kics, que conseguiu volver poñerse por diante no marcador a dous minutos para a conclusión do encontro, 52-47.

Paco Olmos volveu prescindir do seu xogo preciosista para botar man dunha defensa zonal que volveu darlle un magnífico resultado. O Kics volveu afogarse e nos tres primeiros minutos de xogo encaixaba un parcial que deixaba o marcador nun 59-63 e a Manolo Povea solicitando un tempo morto.

Menorca non soubo sentenciar o partido cando mandaba no marcador a seis minutos para a conclusión. Os tres fallos consecutivos en ataque do Kics non foron aproveitados, e unha canastra de Pettinella devolveu ao Kics ao partido, obrigando a Paco Olmos a pedir un tempo morto.

A igualdade do encontro non podía ter outro final que un final apertado. A trece segundos para o final do encontro, Pope tivo nas súas mans a posibilidade de empatar o encontro a 72, pero soamente anotou un deixando o último ataque para Menorca, que tivo que ir á liña de tiros libres a once segundos para o final. Umeh fallou o primeiro e anotou o segundo, deixando o 71-73. No último ataque Suka xogouse un triplo que non entrou, pero no último segundo Williams anotou a canastra que levaba o partido á prórroga.

No tempo extra nada cambiou sobre o que pasara nos corenta minutos anteriores. A igualdade mantívose no marcador entrando no último minuto de xogo co Kics con dous puntos por enriba 80-78.Guzman anotou a trinta segundos para o final un tiro libre que deixaba ao Kics un punto por enriba, aínda que os vigueses non souberon atacar e o deixaron a Menorca os últimos trece segundos de posesión. Nicholson anotou o primeiro tiro libre fallando o segundo, que cae na cabeza de Frost yu déixalle oito segundos a Menorca. O propio Nicholson consegue na seguinte xogada poñer por diante o seu equipo a tres segundos para o final.

KICS CIUDAD DE VIGO 80
VIVEMENORCA 82
Venres, 9 de abril de 2010. Pavillón de As Travesas.