Colaboradores

Cartel
Cartel
Cartel
Primeira vitoria lonxe de As Travesas PDF Imprimir Correo-e
05/04/2010

Custou, pero ao final chegou a primeira vitoria lonxe do pavillón de As Travesas, e con qué autoridade. Nin os máis optimista podían esperar esta lección de casta e orgullo do equipo vigués, que deixou a todos coa boca aberta e cunha sensación de que cun poquito máis de sorte o final se podería escribir doutra forma.

O partido foi dominado sempre polo noso equipo, que ofreceu unha lección de defensa e tivo un bo día en ataque. Grande partido de Tim Frost que volveu ás dobres figuras, e a un Pettinella que supliu á perfección a Frost cando este necesitaba un descanso. Aínda que hai que destacar a todos os xogadores polo partido realizado, nesta ocasión tamén hai que felicitar a Mike Williams que foi o xogador que todos esperabamos.

A próxima semana, venres, xogamos o penúltimo partido no pavillón de Ás Travesas. Recibimos un ACB como o ViveMenorca, equipo que está a pelexar por arrebatalo ao CAI a primeira praza que outorga o ascenso directo á ACB.

CB INSTITUTO FERTILIDADE CLINICAS RINCON 53
KICS CIDADE DE VIGO 72
Xoves, 1 de abril de 2010