Kike do Vigo 2015, ao Santiago Futsal

Imprimir

Vigo_2015_kikeO xogador do E.D.Vigo2015 Kike Gómez fichou polo Santiago Futsal, equipo da Primeira Division Nacional de Fútbol Sala. É o terceiro xogador que o equipo vigués achega ao equipo compostelano. A tempada anterior foron o porteiro Alberto e o ala-pivot Samuel, que este ano continuarán na disciplina do Santiago, dentro do convenio de colaboración que manteñen ambos os dous clubs e que a parte da cesión de xogadores do equipo vigués, tamén están outros como a formación de xogadores e adestradores, campus, etc.

Kike esta tempada foi campión de España de Fútbol Sala coa Seleccion Galega de cadetes, e participou co equipo xuvenil do E.D.Vigo2015 no Campionato de España de Fútbol Sala. Esta vinculado ao 2015 dende hai 4 tempadas nas cales militou nos equipos infantil e cadete de liga autonomica, e consiguendo 3 subcampionatos galegos e unha copa autonómica.

CAMPUS E.D.VIGO2015-SANTIAGO FUTSAL

O equipo vigués xunto co Santiago Futsal, realizan nas instalacións da Universidade de Vigo un campus de fútbol sala dende o 8 ao 12 de xullo, para nenos dende os 5 aos 16 anos, coordinado polo técnico Ramiro López, mellor adestrador da calcio a 5 da Liga italiana. Todos aqueles que se queiran anotar poden facelo a través da paxina web www.edvigo2015.com ou chamando o telefono 886138535.