O ex porteiro do Vigo 2015, Alberto Fernández, debutou co primeiro equipo do Santiago Futsal

Imprimir

vigo2015porteroAlberto, que se atopa facendo a pretempada co equipo compostelano a petición do mister Santi Valladares, tivo a oportunidade de debutar, con tan solo 17 anos, durante o Torneo Vila de Baiona.  A pesar de ser xuvenil, convértese no primeiro porteiro vigués que debuta nun club da Primeira División Nacional. Ademais o debut veu con dobre premio, por un lado a vitoria do seu equipo por 5-2 e por outro lado a organización do Trofeo galardoouno co Trofeo MVP ao mellor xogador revelación do mesmo.

A chegada do porteiro vigues é froito do convenio que mantén o ED Vigo 2015 co Santiago Futsal dende hai dúas tempadas, e son xa 3 os xogadores que achegou ao ex Lobelle de Santiago.

Co club vigués e a selección galega, Alberto conquistou varios títulos autonómicos e nacionais e foi a tempada pasada cando o club santiagués se fixouse nel para incorporalo xunto con Samuel ás súas filas.

A lesión do meta Carlos Barrón (6 semanas de baixa por rotura dun dedo) acelerou a suba de Alberto, que xa leva 3 semanas co primeiro equipo, esta fin de semana xogarán o Torneo Desafío Star Center que aglutina 4 equipos da Primeira División, o venres Burela- Manacor e Santiago Futsal - Gran Canaria, sendo a final o sábado no Multiúsos Fonte do Sar.

A liga empezará con derbi na primeira xornada, o venres día 13, entre Santiago-Azkar Lugo, tamén no Sar.