Cabecera Vide

Vitoria do Coruxo FC

O Coruxo F.C. solucionou con duras penas o partido co Leis de Pontevedra. Un encontro moi emocionante, no que ata o último minuto a vitoria non estivo asegurada. O derbi decidiuse nos instantes finais, cun gol de Manu. O Coruxo logra así afastarse dos postos de descenso e abandonar esa mala sorte dos últimos partidos.

A pesar de tratarse dun rival complicado, o Coruxo non se rendeu en ningún momento. Nos primeiros vinte minutos o Coruxo fixo gala dun bo xogo, no que a intervención de Pablo Valle foi esencial. Ao descanso chegaríase con ese axustado 3-2 para o equipo da capital. Pero os vigueses non baixaron a garda, xa que o partido non estaba aínda encadrado a favor de ningún bando e moitos menos sentenciado.

A pesar de todo, se chegaría ao minuto 35 cun resultado inesperado, un 4-2 para os locais e que poñía ao Coruxo nunha situación complicada, a pesar do seu grande control de balón. Pero os de Piru non abandonaron a loita, e así chegarían uns cinco minutos de loucura no terreo de xogo onde os vigueses recortaron distancias e lograron finalmente a vitoria por un (4-5).

Co equipo vigués debutou o brasileiro Fabio Da Silva, que callou un bo partido a pesar de só levar unha semana de adestramentos cos seus compañeiros. Como destacou o adestrador do Coruxo F.Sala, Piru: "Este foi o partido máis intenso de toda a tempada. Cando finalizou o partido abrazámonos pola emoción do momento, e é que para todos era vitoria moi esperada".

Os árbitros tiveron moito traballo, nun encontro con moita tensión e mostraron 9 tarxetas amarelas. A próxima semana o conxunto vigués recibe ao Portas Deyma de León en As Roteas.

Leis Pontevedra: Rodri, Anxo, Berto, Pablo, Sergio, Barcala, Pana, Luis, Raúl, Jorge.

Coruxo: Lolo, Kuka, Pablo Valle, Manu, Jorge, Jhony, Álvaro, Siso, Fabio, Mario, Javi del Río.

Árbitros: Fidel González Armada e Pablo Pérez Martínez (Ourense).


Goles Leis Pontevedra: (1-0), min.4: Sergio. (2-1) min.12: Barcala. (3-2), min.18: Luis.  (4-2), min.25: Raúl.

Goles Coruxo: (1-1), min.8: Jhony.  (2-2), min.14: Fabio. (4-3), min.32: Mario. (4-4), min 36: Jhony (penalti), (4-5), min 39: Manu.