O Coruxo F.Sala levou a vitoria do pavillón municipal de Lugo ante o Azkar de Lugo B. Un partido que se saldou cun resultado moi disputado (6-5), a pesar de que o Coruxo sempre foi por diante no marcador e que durante varias fases levou unha vantaxe de ata 3 goles.
O primeiro tempo rematou cun axustado 3-4. Xa no segundo tempo, o Coruxo fixo gala de bo xogo e gobernou o terreo de xogo e insistiu moito máis en ataque. Con moitas ocasións de gol, en poucos minutos conseguiría un aplastante 3-6. Dende ese momento os lucenses puxeron en práctica a táctica porteiro xogador, técnica que fixo sufrir o equipo de Piru. Os locais marcaron dous goles máis, co que se chegaría ao definitivo resultado dun 5-6.
O equipo de Piru xogou a un grande nivel defensivo e a maioría do tempo mostrouse máis superior ao Azkar Lugo B. Equipo ao que superou o nerviosismo propio dun partido que enfrontou a dous equipos con características moi similares. Dous rivais directos na clasificación, que loitan por afastarse dos postos de descenso.
Na última fase do encontro, o conxunto lugués puxo en numerosas ocasións en situacións de perigo ao Coruxo. "Nos últimos minutos xogaron moi ben o seu xogo ofensivo, e a nós entrounos a ansiedade de que se rematase o partido. En realidade, sufrimos moito", dixo Piru, adestrador do Coruxo.
Destacar que o Coruxo viaxou con catro baixas, ás que se sumou a ausencia de Mario, que só puido xogar dous minutos ao verse resentido da súa lesión nos abdutores.
AZKAR LUGO B (5): Costolla, Lois Solloso, Jandri, Iago Míguez; Tamén xogaron:
Antonio, trabada, Keita, Diego, David, Manolo e Illi.
CORUXO (6): Cuca, Mario, Siso, Manu, Johny; Tamén:
Fabio, Pablo Valle, Cristian e Álvaro.
Árbitros: Alfredo Trincado Fernández (Arteixo), Ignacio Fiaño López (A Coruña).
Crono: Alex Rodríguez Campos (A Coruña).
Goles do Azkar: (3) Antonio, (1) Solloso e (1)Jandri.
Goles do Coruxo: (2) Johny, (1) Álvaro, (1) Fabio, (1) Siso e (1) Pablo Valle.